IX día da Ciencia en Galego

Máis do Campus de Lugo


Neste 2014 o Día da Ciencia en Galego dedícase a promover o emprego do galego na física, e a destacar as figuras de Isaac Newton, e José Rodríguez González.

No campus de Lugo, a Biblioteca Intercentros e Proxéctate en Galego queremos celebrar esta data con dúas actividades de divulgación científica en galego ás que vos convidamos a asistir e participar activamente:

1. Martes 4 de novembro. Xornada de divulgación científica

Aínda máis premios polo día da Ciencia en Galego

Premios. Todos os que estades a facer actividades do día da ciencia en galego e as querades comentar por correo a secretaria (arroba) igaciencia.org poderiades recibir un agasallo dun libro galego o día 4 de novembro, despois da videoconferencia de Liz Marzán, cunha única condición adicional: asistir a ese acto para recoller o libro ou enviar a alguén a recollelo a ese acto. Ademais naturalmente de enviar ese correo antes do día 3 ás 10 da mañán, para poder preparar esa entrega de premios.

Chapela sabe escoitar, aprender e compartir.

As mozas e mozos de Chapela demóstrannos agora que saben escoitar, aprender e compartir usando a lingua galega e tamén a lingua de signos.

Grazas ao tema Terra do grupo Dakidarría armamos un videoclip que se lanza ao mundo o vindeiro 24 de xuńo.

Mira o trailer e agarda paciente :)

http://youtu.be/qvgUb0Qja7k

E aqui

Pasamento de María Wonenburguer

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/06/15/fallece-pionera-…

Desde o día da ciencia en galego queremos dar as condolencias á familia e amigas dunha das primeiras homenaxeadas no día da Ciencia en Galego.

Descanse en Paz

admin Dom, 06/15/2014 - 12:28

O globo de noite

        Prezad@s tod@s,



        O día 20 de xaneiro comezou a primeira fase da campaña "GLOBE at Night", o maior programa de ciencia cidadá a nivel mundial relacionado coa contaminación lumínica. A diferenza de edicións anteriores, en 2014 a campaña estará activa durante todos os meses do ano.