Poemas para ciencia en galego de Claudio Rodríguez Fer sobre Isaac Díaz Pardo
Aquí tes o meu poema a Isaac e, como curiosidade, outro moi anterior que lle dediquei a un científico galego amigo seu, o xeólogo Isidro Parga Pondal. Saúde, ciencia e poesía.
COMPAÑEIRO ANCESTRAL ISAAC DÍAZ PARDO
Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo:
Escribo ao antigo Castro de Samoedo
sobre o unánime corpo dos galaicos,
outra vez cerámica escachada
a golpes de usura e desmemoria.
Escríboche como ti nos escribías,