Os libros para agasallar que propoñen as Editoriais Galegas para o día da Ciencia en Galego

 

 

EDITORIAL GALAXIA

Estimado Manuel,

 

estes son os títulos que se poderían incluír:

 

- A CUESTIÓN AMBIENTAL EN GALICIA, de Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Publicado por Editorial Galaxia. 

ISBN: 978-84-8288-887-3

 

Os problemas ecolóxicos e ambientais que afectan a todo o globo preocupan cada vez máis á sociedade, pero cada cultura reacciona ante eles dunha maneira diferente. Francisco Díaz-Fierros propón en A cuestión ambiental en Galicia un achegamento sobre os límites dos recursos naturais na sociedade galega; para iso centra o seu traballo nun período de tempo esencial, desde mediados do século XVIII, en que se acada un desenvolvemento tecnolóxico que altera considerablemente en en pouco tempo o medio natural, ata 1972,ano no que se celebra o cumio de Estocolmo.

 

 

- REDES DE COÑECEMENTO. A JUNTA DE AMPLIACIÓN DE ESTUDIOS E A CIENCIA EN GALICIA. Publicado polo CSIC.

ISBN: 978-84-606-4471-2

Distribuido por Editorial Galaxia.

 

Este libro foi publicado con motivo da exposición do mesmo título (comisariada por Xosé A. Fraga), coincidindo co centenario da creación da Junta para a Ampliación de Estudios en 1907. Pon en valor o papel da JAE, reconstruíndo os momentos decisivos da creación, consolidación e desaparición do que foi o proxecto máis importante de actualización da ciencia contemporánea en Galicia.

 

 

Se precisades máis información non dubides en contactar con nós.

 

Un saúdo,

 

Paula García Márquez
Comunicación
Editorial Galaxia
T. 986 432100 / 618 737730
F. 986 223205
paula@editorialgalaxia.com

 

 

KALANDRAKA

Prezado Manuel

Grazas por facernos partícipes da celebración do Día da Ciencia en galego. Logo de ler atentamente a túa mensaxe, paso a comentar con que material Kalandraka e Faktoría K están contribuindo a dar a coñecer información científica para lectores infantís e xuvenís.

Faktoría K é un selo de Kalandraka. Unha das súas coleccións contén precisamente libros de ciencias e coñecemento do medio. Nela hai títulos como a serie “Pequechos”, na que as crías de diferentes especies e ecosistemas plantexan a súa descrición física e os seus costumes para que, mediante esta especie de adiviñas, os lectores averigüen a súa denominación.

Outra serie é a titulada “Animais extraordinarios”, que consta dos libros titulados “Bocas”, “Nacer” e “Construtores”. Os seus autores son Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández. Como dato relevante, apuntar que actualmente estes libros, feitos en Galicia, estanse publicando en Alemaña, no catálogo dunha editorial dese país que nos mercou os dereitos para a súa publicación.

Tamén vos podemos presentar títulos como “Simios”, “Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches” e “Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches”. Estes dous últimos son libros que abordan diferentes disciplinas, incluidos diversos aspectos científicos.

Por outra banda, na colección de narrativa temos publicada a triloxía “A materia escura”, de Philip Pullman, que consta dos títulos “A aurora boreal”, “O coitelo sutil” e “O anteollo de ámbar”. Trátase de libros cun enfoque filosófico e científico, recomendables para lectores xuvenís.

No catálogo de Kalandraka estamos pensando nalgún álbum ilustrado que pode encaixar tamén. E así, pode ser o caso de clásicos como “A mazá e a bolboreta” e “As estacións”, de Iela Mari, ou “Olladas”, de Dieter Wiesmüller

Polo demais, buscaremos algunha fórmula para apoiarmos a vosa convocatoria. Se precisades máis información, non dubidedes en contactar connosco.

Saúdos,

 

Paz Castro

KALANDRAKA

Comunicación

Bocas, animais extraordinarios

Construtores

Máis respostas ás preguntas

Nacer_g

Pequechos

Simios_g

 

Edicións Nigra Trea

Estes son os libros que temos en catálogo e que poden axudar a reforzar a ciencia en galego:

 

Os espazos naturais de Galicia

R. Salvadores Ramos, F. Arcos Fernández, F. Sierra Abrahím, J. Mouriño Lourido, P. Alonso Iglesias, X. L. Otero Pérez e A.Vázquez

I.S.B.N.: 84-95364-24-7

P.V.P.: 60

Formato: 24 x 30 · 272 páxinas

Este libro non pretende ser, un simple «guía turístico» dos moitos que proliferan, cada día máis, nas nosas librarías. En primeiro lugar, porque non vai dirixido a un lector «turista», entendendo por tal a persoa que viaxa en busca de novas sensacións, utilizando para iso os sistemas naturais e os grupos humanos como obxecto de «consumo», e sen ir máis alá das aparencias, do pintoresco, do folclórico ou da observación superficial. Polo contrario, o libro está pensado para o visitante que viaxa con afán de coñecer, de comprender, de integrarse, de compartir, cunha actitude responsable de respecto cara a todas as manifestacións naturais e culturais que conforman a múltiple diversidade do noso planeta azul. A obra iníciase cunha descrición das características máis destacadas do medio natural galego, seguida logo da relación pormenorizada dos espazos naturais seleccionados. Estes están agrupados dentro de seis grandes sectores en que se pode dividir a totalidade do territorio galego: as rías Baixas, as rías Altas, a Costa da Morte e o Golfo Ártabro, a costa Cantábrica, as serras da Dorsal Galega, as montañas Orientais e as terras do interior, onde facemos especial mención ás zonas húmidas. O tratamento de cada sector ábrese cunha caracterización xeral, para seguir, en primeiro lugar, coas áreas de maior importancia e extensión, que poden oscilar entre catro e seis por sector, até un total de 29 espazos; en segundo lugar, un número variable doutras áreas de dimensións reducidas ou que consideramos de menor trascendencia para o obxecto deste libro, que en total suman 34 localidades. De cada unha das áreas principais procúrase dar información abundante, de primeira man ou convenientemente contrastada, e o máis actualizada posible. Comézase cunha ficha de datos básicos, que inclúen a localización, a superficie, rango de altitudes, grao de protección existente, os principais valores e cartografía aconsellada. A seguir dáse unha precisa descrición xeral (que inclúe aspectos da paisaxe, xeoloxía, clima, vexetación, flora e fauna, etnografía, etc.), o comentario pormenorizado dos seus valores naturais ou socio-culturais máis singulares ou representativos, e algunhas ideas sobre a historia e a evolución do espazo. As principais características xeolóxicas, paisaxísticas, da vexetación e da fauna destas zonas son expostas en combinación cunha intervención humana omnipresente. En ningún momento se pretende dar unha lista exhaustiva da flora ou fauna que se encontra alí, limitándonos a citar aquelas especies que se poden considerar máis singulares, características ou representativas. Por último, ofrécese información práctica con vistas a visitar o lugar, tal como accesos, época máis favorable, sitios ou posibles percursos de interese, servizos dispoñibles e similares; tamén aquí a relación non pretende ser exhaustiva. En todos os casos, a información vai acompañada dos imprescindibles mapas, gráficos e fotografías relacionadas.

 

 

A arquitectura en Galiza

Manuel Torres Búa

I.S.B.N.: 978-84-95364-45-6

Formato: 24 x 30 · 280 páxinas

P.V.P.: 90

A Arquitectura é un ben público. A modificación do ambiente mediante unha realidade artificial afectalle ao conxunto da poboación. Arquitecturar é un proceso que adquire así un profundo contido social que debera ter coma obxectivo o progreso do país no seu conxunto. Desta convicción nace a presente obra. Nun período de tensións e cambios, percíbese un crecente interese pola arquitectura e o urbanismo. Este libro pretende achegar unha visión didáctica e de conxunto da realidade arquitectónica pasada, presente e futura que facilite a comprensión deste fenómeno polo lector. Téntanse achegar criterios xerais de análise que sirvan para unha visión persoal e crítica da nosa realidade arquitectónica. É unha busca da «trazabilidade»: das influencias entre as distintas arquitecturas, dos fíos que conectan as diferentes etapas da nosa historia, da conexión coa arquitectura internacional e dos posibles alicerces do futuro.

A riqueza do noso patrimonio e da nosa arquitectura reside na mestizaxe entre estilos e características autóctonas, entre arquitectura popular e non popular, entre arquitectura preexistente e arquitectura futura, entre a vangarda e a tradición. Este é o punto de arrinque deste traballo: a análise destes fluxos e influencias diversas, que darán lugar a características xerais recoñecibles para calquera.

Neste libro, profusamente ilustrado con duascentas fotografías en cor, recóllense algunhas edificacións fortificadas ás que o paso do tempo enriqueceu con episodios que forman as súas historias e a un tempo a Historia. Os exemplos que se seleccionaron foron testemuñas de acontecementos ocorridos desde a máis remota Idade Media ata a época Moderna, e poñen en evidencia as diferencias construtivas, estratéxicas, políticas e sociais que hai entre ambos períodos.

 

 

Debuxo e norma

Esteban López e Aquilino Fernández

ISBN: 84–87709–55–9

 

PVP: 4,50 € 

104 páxs.
21.5 x 29.5 cm

 

Edicións Nigra Trea
Tel: 986296049 - Fax: 986 297697
nigratrea@trea.es
www.trea.es

ALVARELLOS EDITORA

Aquí van os datos do título do noso catálogo que pode encaixar nesta iniciativa (remitmos imaxe de cuberta+reseña).

O PVP desta obra é de 14 €: http://www.alvarellos.info/tenda_catalogo.asp?id=86 pero cedemos sen custes 5 exemplares. Se houbera pedidos á parte, o prezo co desconto sería de 10 euros por exemplar.

 

Saúdos cordiais,

Henrique Alvarellos

 

--
ALVARELLOS EDITORA
r/ Sempre en Galiza nº 4 - praza
15706 Santiago de Compostela
Tel + Fax 981 522 137
Mb 609 90 88 52
correo@alvarellos.info
www.alvarellos.info