A Facultade de Química convida aos Xefes de Deparamento de Física e Química de Galicia á conferencia do dia 10

A Facultade de Química convida aos Xefes de Deparamento de Física e Química de Galicia á conferencia do dia 10 de novembro.


O decano di que "O que si sería moi útil é invitar aos xefes de seminario ou profesores de Química de ensino medio que queiran, para que asistan á conferencia, que se impartirá na Facultade de Química o xoves día 10 ás oito da tarde."


http://www.usc.es/gl/cursos/conciencia/schrock.html


 

Dedicado á Química

Este ano foi declarado Ano internacional da Química pola Unesco
polo que o día da ciencia en galego 2011 dedicámolo á Química. Dentro da
Química imos dedicarlle un apartado especial ao lume e á combustión en
xeral:

Comeza un novo día da Ciencia en Galego

Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Courie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,... sendo que fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha deles premio Nobel, tamén),...