X día da Ciencia en Galego

IV Edición Día da Ciencia en Galego


IV Día da Ciencia en Galego O dereito a gozar da ciencia en galego. Nos centros do Campus de Lugo

Neste 2013, o día da ciencia dedícaselle a dúas temáticas (arte e ciencia, e estatística) e a tres persoeiros (Isaac Díaz Pardo, Florence Nightingale e Richard Buckminster Fuller). E para conmemoralo, os centros do Campus de Lugo organizan un programa conxunto de actividades (presentado en anexo) que novamente queren abrir ao estudantado dos últimos cursos do ensino secundario.

 

Luns, 4 de novembro de 2013

 

Concursos

Prazo límite: ata o día 30 de outubro. Podedes participar nos concursos que a continuación se expoñen.

Os premios consisten en libros "Máis contos de animais", I e II, de Edicións Xerais, algúns libros máis e outros agasallos da delegación de Cultura da Deputación de Lugo, e publicación dos gañadores na web!

Conferencias confirmadas

O día 13 de novembro, ás 19 horas, conferencia do arquitecto Senén Olano, profesor do IES Xoán Montes, sobre A xeometría na obra plástica de Senén Olano. Ver cartel adxunto

Na sala de exposicións da Deputación provincial de Lugo, dentro da Exposición Arte e Ciencia

conferencia

Xornadas sobre léxico matemático

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas (USC) organiza unhas Xornadas sobre léxico matemático os próximos días 5 e 6 de novembro, coincidindo coa semana da ciencia.

Estas Xornadas van dirixidas a todas as persoas que usan o galego para transmitir matemáticas. Nesta primeira edición (confiamos en que haxa outras) o ensino terá un protagonismo especial.

Enviamos o pdf dun tríptico coa información máis relevante. Esta información irase actualizando na páxina web da Facultade:


Carmen Blanco fala sobre Isaac Díaz Pardo

Adxunto o poema e unha foto miña con Isaac no Instituto Galego de Información, diante dun tapiz deseñado por el. Grazas pola atención, bo traballo e un saúdo solidario coas causas de Isaac, Carmen Blanco.

 

ISAAC SI:

O HOME DA MEMORIA AMOROSA

 

A Isaac Díaz Pardo, que deseñou outra muralla para a mellor memoria de Lugo.

Nacera con ollos amorosos para mirar o mundo e as mulleres da rúa das Hortas. Non esqueceu nada.

Poemas para ciencia en galego de Claudio Rodríguez Fer sobre Isaac Díaz Pardo

Aquí tes o meu poema a Isaac e, como curiosidade, outro moi anterior que lle dediquei a un científico galego amigo seu, o xeólogo Isidro Parga Pondal. Saúde, ciencia e poesía.

COMPAÑEIRO ANCESTRAL ISAAC DÍAZ PARDO

 

 

Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo:

 

Escribo ao antigo Castro de Samoedo

sobre o unánime corpo dos galaicos,

outra vez cerámica escachada

a golpes de usura e desmemoria.

 

Escríboche como ti nos escribías,

Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo

Xa temos un dos libros claves para celebrar o IV Día da Ciencia en Galego o 4 de novembro de 2013:

Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo. Editado pola Academia Real Isaac Díaz Pardo.

Pronto teremos aquí algunhas das páxinas do libro. Mércao, o seu valor non ten prezo.

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo

No IV día da Ciencia en Galego que imos celebrar ao redor do día 4 de novembro de 2013, dedicada fundamentalmente á Arte e a Ciencia e á Estatística (estamos no Ano Internacional da Estatística), dedicámosllo ao arquitecto Richard Buckminster "Bucky" Fuller (lembraredes o fullereno do II dia da ciencia en Galego) , a Florence Nightingale e  e o artista e científico galego, creador de Sargadelos,  Isaac Díaz Pardo.

Rally sen Fronteiras de Ciencias e Matemáticas


IGACIENCIA (www.igaciencia.eu) convoca unha nova edición do Rally Matemático sen Fronteiras, e a I edición do Rally sen Fronteiras de Ciencias. Os principais obxectivos destes Rallyes son:



-Promover a Ciencia e as Matemáticas entre os estudantes.



-Demostrar que os temas de Ciencias e Matemáticas non está reservados para a elite, son atractivos e accesibles para todos.



-Favorecer o traballo en equipo.



-Vivir as Ciencias valorando imaxinación, dinamismo e creatividade.


Ano Internacional e galego da Estatistica 2013

Sgapeio  infórmanos que: Apertura do Ano Internacional da Estatística

O dia 16 de febreiro de 2013 tivo lugar, na Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística coa conferencia titulada "Ata onde as finanzas se poden contar", impartida por Silvia Barco Tato, Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego. A presentación desta conferencia, en formato pdf, está dispoñible na páxina Web da SGAPEIO, no menú "Formación e Actividades - Ano Internacional".