XIV día da Ciencia en Galego

A cicloide

Pensa que curva describe un punto da roda dunha bicicleta cando se move en liña recta? Adiviñanza: Que parte dun tren pode ir na dirección oposta ao movemento dese mesmo tren?

A curva que vas estudar a continuación pode axudar a responder á esas dúas preguntas.

Galileo Galilei (Italia, 1564-1642) des­cubriu a cicloide en 1590. Pouco tempo despois a ponte de Mezzo sobre o río Arno, en Pisa, construíuse cun desefio baseado nesta curva.

Leonardo e o Rectángulo Áureo

O Rectángulo Áureo: Este rectángulo ten unha importante característica xeométrica, se se lle “quita” un cadrado de lado a parte máis pequena dese rectángulo, a rexión que queda é outro rectángulo das mesmas proporcións que o orixinal. Se queres visualizalo mira a obra de Geogebra recouro.ggb que se xunta.

O dia/mes da ciencia en galego no Ceip de Cervo

-          Empezamos na biblioteca do centro dedicándolle este mes á figura de LEONARDO DA VINCI.

-          A partires desta iniciativa organizamos unha exposición de libros relacionados con este autor/artista/…

-          Elaboramos unha ficha de traballo para o alumnado do segundo e terceiro ciclo para que fora investigando e buscando información sobre este autor, nos libros expostos  e a través de Internet.

A perspectiva

  • Leonardo non inventou a perspectiva na pintura pero foi un dos primeiros artistas en usala.
  • Nos documentos que se xuntan utilizamos geogebra para analizar a perspectiva de A última cea de Leonardo (1495-97, Basilica S.

O home de Vitrubio

O home de Vitrubio é un dos máis coñecidos deseños de Leonardo

Aquí o estudamos, cun applet Geogebra desde o punto de vista das proporcións do ser humano. De Qué número nos quere falar Leonardo neste debuxo?

Como se chama?

Incrible! O número PI na miña bici!

Submitted by inesben on Dom, 10/14/2012 - 18:05

Breve relato da aparición do número pi na vida real.

A meu irmán David e mais a min mólannos as bicis, por iso lles pedín aos Reis Magos un chisme deses que serven para ver cantos quilómetros percorriches, quen vai máis de présa...Custoume averiguar que o nome do chisme é contaquilómetros, pero o máis incrible ocorreunos cando intentamos instalalo na bici.

Incrible! O número PI na miña bici!

Breve relato da aparición do número pi na vida real

A meu irmán David e mais a min mólannos as bicis, por iso lles pedín aos
Reis Magos un chisme deses que serven para ver cantos quilómetros percorriches,
quen vai máis de présa...

Custoume averiguar que o nome do chisme é contaquilómetros, pero o máis incrible
ocorreunos cando intentamos instalalo na bici.

–Como mola Xabi! Agora poderemos presumir coma Alberte e saber que
distancia hai desde aquí ata o parque.

Así comeza o relato, para ver máis abre o ficheiro que se xunta Pi na bici

Escribe como Leonardo

Escribe como Leonardo

Sabes que para ler o que escribiu Leonardo precisamos a axuda dun espello?

Pois si. Escribía de dereita a esquerda e coas letras volteadas: escritura especular.