XI día da Ciencia en Galego

Unha nova sección: Textos en galego

Submitted by admin on Dom, 10/04/2020 - 11:11

Hai como cousa dun ano enviaronme tres libros de matemáticas, recén publicados, e en galego. Para reseñalos aquí, en cienciaengalego.org

Diredes, imposible. Case desde o famoso libro de Vacaloura non hai textos de matematicas de secundaria en galego. Non é así? convídovos a escribir sobre cada un deses libros, de Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Tecnoloxía e Física e Química, Ciencias para o mundo contemporáneo escritos en galego. Por exemplo, un libro moi interesante, escrito por tres profesores xeniais, en galego, para Física 4º de ESO titulado "Todo se move".

Dous libros e un vídeo

https://www.youtube.com/watch?v=VjaUxzoJnbU

Una conversación sobre la ciencia y la vida. Margarita Salas y María Blasco, científicas (e a Muller na Ciencia)

Os libros son libros en galego de Ernesto Viéitez Cortizo, o homenaxeado deste ano, sobre o castiñeiro e as súas

http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=372

enfermidades que podedes ler, baixándoo desa ligazón.

admin Xov, 10/01/2020 - 10:53
XI día da Ciencia en Galego: Ano da Botánica e da saúde admin Lun, 03/16/2020 - 15:03

Por unha banda a ONU decretou o ano internacional 2020 de

International Year of Plant Health (A/RES/73/252) Saúde das plantas. 

International Year of the Nurse and the Midwife [WHO] (OMS) Dedicado ás enfermeiras e comadronas

Dia da Ciencia en Galego no IES do 12 de Outubro

Submitted by admin on Sáb, 11/16/2019 - 10:11

  Bo día!

Un ano máis no IES 12 de Outubro de Ourense celebramos por todo o alto o Día da Ciencia en Galego.

Esta vez cada neno e nena deseñou a súa camiseta dun elemento químico. Son uns e unhas artistas. Viñan incluso nos recreos a traballar. Merecen un aplauso dos que fan historia. 

Menus

Videoconferencia de Liz Marzán sobre Nanotecnoloxía 05-11-2014

Submitted by admin on Ven, 09/06/2019 - 15:13

No salón de actos da Deputación de Lugo, no día da Ciencia en Galego 2014, Luís Liz Marzán deleitounos coa descrición da nanotecnoloxía, este ano 2019 daranos unha nova versión ampliada da introducción á nanotecnoloxía, da razón de porqué esa tecnoloxía cambiará o noso mundo.

 



X día da Ciencia en Galego e Congreso Celta Galego

Submitted by admin on Lun, 04/15/2019 - 13:15

O Día da Ciencia en Galego deste ano, coincidindo co Ano Internacional da Táboa Periódica, propoñemos como homenaxeados a Mendeleiev –como autor principal-  e a Luís Liz Marzán, por ser un dos nosos científicos máis premiados, director do Centro de Investigación Cooperativa en Bíomateriais, CIC biomaGUNE, e porque o campo no que está a traballar, a nanotecnoloxía, entronca co presente e futuro da xente nova e pode ser un referente no que se miren e lles anime a mergullarse no mundo da ciencia. Impartirá unha conferencia en Lugo o 8 de novembro.