X día da Ciencia en Galego

A escola de Lago, Valdoviño, na II semá da Ciencia en Galego

Submitted by escoladelago on Sáb, 11/05/2011 - 01:35

O día 3 iniciamos a semá da Ciencia en Galego
Podedes ver fotos en:
http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/11/escola-de-lago-sema-da-ciencia-en.html
Empezamos por meter un ovo en vinagre para que dentro duns días bote coma unha pelota. Lograrémolo? Estamos desexando comprobalo!
Fixemos un volcán con bicarbonato e vinagre, con pompas incluidas… e fixemos aplicacións para inchar un globo, para un airbag caseiro, para apagar velas sen tocalas nin soprar…

Sorpresa no laboratorio de Bioloxía

Submitted by mguntinas on Ven, 11/04/2011 - 21:05

Hoxe no IES "As Fontiñas", como xa fixemos o ano anterior, celebramos o "Día da Ciencia en Calego". Unha das actividades foi coñecer o funcionamento dos mecheiros de alcohol e Bunsen e súa aplicación en Bioloxía. A actividade tiña duas partes; a primeira era teórica e a segunda práctica co mecheiro de alcohol, para elo engadíuse metanol ao mecheiro e empapouse a mecha.

Os contos dos nosos escritores e escritoras galegas

A asociación de Escritores en Língua Galega colabora no día da Ciencia en Galego cunha serie de contos, escritos exprofeso para  que poida usalo o profesorado galego estes días en que estamos a traballar a Ciencia en Galego.


Das Follas do Bacallau, (Ed. Xerais, 2005)


Xabier Paz,


CIENTIFICOS DE NOSO


(Rodríguez González / Domingo Fontán e Ramón Aller)


Cipriano Luís Jiménez Casas

Trabalingua e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organizan cafés-teatro científicos

Submitted by diranl on Xov, 11/03/2011 - 12:43

A asociación de estudantes Trabalingua xunto coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organizan para mañá, día 4 de novembro, ás 20.30 h, un café-teatro no café Detrás do MARCO, en Vigo.O tema sobre o que se falará é o cerebro. Ademais do actor César Goldi participarán o profesor Casto Rivadulla e o investigador Pablo Arias, ambos os dous do grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña .Nas vindeiras semanas estes cafés celebraranse en Pontevedra e Ourense, con temas e participantes diferentes.

IES Fontiñas

1º Bacharelato Ciencias Socias, Ciencias para un mundo contemporáneo: ¿Que efectos ten a radioactividade sobre a saúde?

2ºBac. Bioloxía: Os glúcidos e os lípidos como fonte de enerxía

1ºBac. Bioloxiá e Xeoloxía: Funcionamiento do mecheiro de alcohol.

Departamento de Ciencias

IES "As Fontiñas"

Cafés-teatro científicos

Submitted by ofi.normalizacion on Mér, 11/02/2011 - 14:53

A Universidade de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo, organizan tres encontros "café-teatro" en cada unha das cidades con sede da universidade; Vigo, Ourense e Pontevedra.

  • O día 4 de novembro en Vigo no café Detrás do Marco ás 20.30
  • O día 10 de novembro en Pontevedra na Pousada Indiana ás 21.00
  • O día 17 de novemb,ense na cafetaría Auriense ás 21.00

A Facultade de Química convida aos Xefes de Deparamento de Física e Química de Galicia á conferencia do dia 10

A Facultade de Química convida aos Xefes de Deparamento de Física e Química de Galicia á conferencia do dia 10 de novembro.


O decano di que "O que si sería moi útil é invitar aos xefes de seminario ou profesores de Química de ensino medio que queiran, para que asistan á conferencia, que se impartirá na Facultade de Química o xoves día 10 ás oito da tarde."


http://www.usc.es/gl/cursos/conciencia/schrock.html


 

Escola de Lago do CRA "Esquío" de Valdoviño

Submitted by escoladelago on Sáb, 10/29/2011 - 13:10

Queremos facer experimentos doados, baratos e divertidos para nenos de infantil e 1º de Primaria.
Temos elexidos varios sobre volcáns, con velas, de cociña, etc. A maioría son de química pero algún o faremos de física para que poidan entender a diferencia entre estas 2 ramas da ciencia.
Traballaremos tamén sobre as 2 científicas propostas para esas datas.

Entérate, a ciencia tamén é cultura

Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día! (Edublog participativo)


4 de novembro, día da ciencia en galego !!
O noso blog está escrito en galego para reivindicar a normalización da nosa lingua e combater os prexuízos e a marxinación á que a queren someter.

Videoconferencias e participación

Videoconferencias de Anxo Carracedo e da profesora Fraga Vila o día 4 para os centros que o soliciten, como xa se contou nestas páxinas

Participación

Converter cienciaengalego.org na primeira páxina web colaborativa galega elaborada entre centos de profesores e particulares amantes da ciencia e do galego de toda Galicia. Apúntate, solicita unha clave e participa escribindo en galego sobre a Ciencia, o seu ensino, experimentos, materiais en galego, as homenaxeadas, etc.

Actividades da Facultade de Ciencias de Lugo

Marcelino Maneiro cóntanos en facebook que na Facultade de Ciencias (Lugo, USC) vanse desenvolver distintas actividades na mañá do 4 de novembro:

- unha exposición de material bibliográfico científico en galego,

-a presentación do XXIV Congreso de ENCIGA,

-a presentación do libro "O nome e o símbolo de elementos químicos,

- o reparto do Vocabulario de Química galego-español-inglés e a

-visita aos novos laboratorios da Facultade.