X día da Ciencia en Galego

Acabar co tecido asociacionista galego

ORDE do 5 de outubro de 2011 pola que se deixa sen efecto a Orde do 11 de maio de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolven as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais,

(DOG do 18 de outubro)

-DOG do 19 de outubro convocan axudas para

Videoconferencias do Día da Ciencia en Galego

Bos días,


Por fin os compañeiros puideron confirmar as videoconferencias que a CGENDL propón para o II Día da Ciencia en Galego.


Haberá unha primeira para Primaria que será impartida por Isabel Fraga, directora do Museo de Historia Natural da USC, autora da "Guía verde de Santiago de Compostela", editada por Alvarellos. Queda por confirmar o título e a hora, mais será a primeira hora da mañá para que os CPI poidan sumarse tamén á videoconferencia de Secundaria se o desexan.

IES 12 de Outubro de Ourense

O IES 12 de Outubro de Ourense vai celebrar co seu alumnado o vindeiro 4 de novembro do 2011 o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. As actividades terán lugar durante o recreo do mesmo día. Os departamentos directamente implicados na preparación das actividades son os seguintes:



  • Departamento de Físico-Química

  • Departamento de Tecnoloxía

  • Departamento de Debuxo

  • Departamento de Matemáticas

  • Departamento de Ciencias

  • Departamento de Electricidade

  • Grupo de Normalización Lingüística

Do Colexio de Vite

Ola!: Son mestra de Primaria e a coordinadora da biblioteca escolar. Neste trimestre temos unha pequena exposición (en galego) na biblioteca (está tamén na páxina web do colexio -biblioteca-) sobre o Ano Internacional da Química (AIQ) con dúas químicas: MARIE CURIE e MARGARITA SALAS. Envío unha foto no arquivo.

O premio Nobel de Quimica 2011 foi dado aos cuasicristais, un motivo de orixe xeométrica, ao igual que o fullereno (premio Nobel de Química en 1996) do cartaz do día da Ciencia en Galego



Os profes e as profes de Matemáticas non teñen desculpa para non celebrar o día do ciencia en galego por que este ano sexa dedicado á Química. Os cuasicristais relacionan a Química con teselados do plano aperiódicos como o de Penrose (portada de GAMMA nº 1). O comité Nobel lémbranos que este tema está relacionado co número de ouro, con Fibonacci, titúlano

 Crystals of golden proportions, "cristais de proporcións de ouro, que seguen o número aúreo",