Cadernos de Fraseoloxía Galega (CFG)
é unha publicación anual do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en
Humanidades dirixida por Xesús Ferro Ruibal. Os obxectivos científicos da
revista son esencialmente tres: recoller e difundir fraseoloxía galega, publicar
traballos relacionados co ámbito fraseolóxico de calquera lingua e dar a
coñecer os eventos e publicacións máis importantes relacionados co dito ámbito.
O día 7 continuamos co noso inicio á Ciencia:
Miramos como estaba o ovo que puxemos en vinagre o día 3, estaba xa gomoso. Todos o prememos cos dedos como se fora unha pelota de goma pero finalmente estoupou ó poñelo a botar. A pel quedou como unha tea non como unha cáscara. Volvimos a poñer outro ovo en vinagre e o deixaremos máis días para que resista máis os rebotes.
O día 3 iniciamos a semá da Ciencia en Galego
Podedes ver fotos en:
http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/11/escola-de-lago-sema-da-ciencia-en.html
Empezamos por meter un ovo en vinagre para que dentro duns días bote coma unha pelota. Lograrémolo? Estamos desexando comprobalo!
Fixemos un volcán con bicarbonato e vinagre, con pompas incluidas… e fixemos aplicacións para inchar un globo, para un airbag caseiro, para apagar velas sen tocalas nin soprar…
Hoxe no IES "As Fontiñas", como xa fixemos o ano anterior, celebramos o "Día da Ciencia en Calego". Unha das actividades foi coñecer o funcionamento dos mecheiros de alcohol e Bunsen e súa aplicación en Bioloxía. A actividade tiña duas partes; a primeira era teórica e a segunda práctica co mecheiro de alcohol, para elo engadíuse metanol ao mecheiro e empapouse a mecha.
A asociación de estudantes Trabalingua xunto coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organizan para mañá, día 4 de novembro, ás 20.30 h, un café-teatro no café Detrás do MARCO, en Vigo.O tema sobre o que se falará é o cerebro. Ademais do actor César Goldi participarán o profesor Casto Rivadulla e o investigador Pablo Arias, ambos os dous do grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña .Nas vindeiras semanas estes cafés celebraranse en Pontevedra e Ourense, con temas e participantes diferentes.
Queremos facer experimentos doados, baratos e divertidos para nenos de infantil e 1º de Primaria.
Temos elexidos varios sobre volcáns, con velas, de cociña, etc. A maioría son de química pero algún o faremos de física para que poidan entender a diferencia entre estas 2 ramas da ciencia.
Traballaremos tamén sobre as 2 científicas propostas para esas datas.
O curso pasado xa participamos intensamente na I Semá da Ciencia en Galego.
Podedes velo no noso blogue:
http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/11/sema-da-ciencia-en-galego.html
No CPI Virxe da Cela temos unha extupenda presentación dos pasos a seguir no intre de facer un traballo de investigación. Esperamos que vos sexa útil.
http://abuxaina.blogspot.com/2011/10/como-facer-un-traballo-de-investigacion.html
Defender o idioma galego é pura ecoloxía lingüísticaO director do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford cre que hai que mimalo «como especie en perigo de extinción que é»