O día 7 continuamos co noso inicio á Ciencia:
Miramos como estaba o ovo que puxemos en vinagre o día 3, estaba xa gomoso. Todos o prememos cos dedos como se fora unha pelota de goma pero finalmente estoupou ó poñelo a botar. A pel quedou como unha tea non como unha cáscara. Volvimos a poñer outro ovo en vinagre e o deixaremos máis días para que resista máis os rebotes.
O día 3 iniciamos a semá da Ciencia en Galego
Podedes ver fotos en:
http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/11/escola-de-lago-sema-da-ciencia-en.html
Empezamos por meter un ovo en vinagre para que dentro duns días bote coma unha pelota. Lograrémolo? Estamos desexando comprobalo!
Fixemos un volcán con bicarbonato e vinagre, con pompas incluidas… e fixemos aplicacións para inchar un globo, para un airbag caseiro, para apagar velas sen tocalas nin soprar…
Queremos facer experimentos doados, baratos e divertidos para nenos de infantil e 1º de Primaria.
Temos elexidos varios sobre volcáns, con velas, de cociña, etc. A maioría son de química pero algún o faremos de física para que poidan entender a diferencia entre estas 2 ramas da ciencia.
Traballaremos tamén sobre as 2 científicas propostas para esas datas.
O curso pasado xa participamos intensamente na I Semá da Ciencia en Galego.
Podedes velo no noso blogue:
http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/11/sema-da-ciencia-en-galego.html