A quen lle dedicamos este ano o día da Ciencia en Galego e o seu por que

Este día da Ciencia en Galego 2016 (ou mes ou ano, segundo o caso e a organización) imos dedicarllo á Bioloxía, unha ciencia á que non lle dedicamos aínda ningún ano.

Ademais a ONU declarou o 2016 ano Internacional dos legumes, dos "pulses", polo que faremos fincapé neses "pulses". Ademais como  resulta que Gregor Mendel traballou con legumes, con chícharos para deducir as súas tres leis da herdanza. Así que poñemos a temática do descubrimento das leis da xenética como tema a tratar e a Cruz Gallástegui como o galego-basco que introduce a xenética en España.

Pola nosa banda faremos (ao menos ) unha exposición na Deputaciónl de Lugo en Novembro. Unha exposición de Igaciencia pero na que por primeira vez  pedimos a colaboración dalgún departamento da USC en Lugo para facer algúns posters. Sen embargo reiteramos que a colaboración de Facultades de Bioloxía, organizacións como Adega ou SGHN, e profesorado dos centros para que presenten posters e actividades nesa Exposición de Bioloxía sería fundamental. Animádevos a participar.

Conmemoracións 2016

Conmemoracións 2016

  •  

No seu 68º período de sesións, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o ano 2016 Ano Internacional dos Legumes (A/RES/68/231). Para elo designou á Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) para facilitar a celebración do Ano en colaboración con gobernos, organizacións pertinentes, organizacións non gobernamentais e demais instancias. O Ano Internacional dos Legumes 2016 ten como obxectivo sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. O Ano brindará unha oportunidade única de fomentar conexións ao longo de toda a cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas derivadas dos legumes, incrementar a produción mundial de legumes, utilizar de maneira máis apropiada a rotación de cultivos e facer fronte aos retos que existen no comercio de legumes.