II día da Ciencia en Galego

Dedicado á Química

Este ano foi declarado Ano internacional da Química pola Unesco
polo que o día da ciencia en galego 2011 dedicámolo á Química. Dentro da
Química imos dedicarlle un apartado especial ao lume e á combustión en
xeral:

Comeza un novo día da Ciencia en Galego

Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Courie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,... sendo que fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha deles premio Nobel, tamén),...

Vídeos do II día da ciencia en Galego

  1. Na revista Escuela

    10 de noviembre de 2011                                                                             Num.

    O IES de Ponte Caldelas celebra o Día da Ciencia en galego_MAGOSTO_AI da Química

    O IES de Ponte Caldelas, celebrou o 4 de novembro:


     *Día da Ciencia en galego


    *MAGOSTO


    *AI da Química:exposición ,no vestíbulo,"ENTRE MOLÉCULAS"



     

    CIG-Ensino

    4 de novembro: Día da ciencia en galego

    O dereito a gozar da ciencia en galego, a química fala galego
    Hoxe, 4 de novembro, celebramos o día da Ciencia en galego. Para a CIG-Ensino trátase dunha data fundamental en tanto en canto cómpre reivindicar que a nosa lingua tamén é para a ciencia.

    Conferencia do Premio Nobel Schrock para o profesorado de Secundaria de Galicia na Facultade de Química

    A Facultade de Química convida ao profesorado (especialmente aos xefes de departamento de Física e Química de Galicia) á conferencia do premio Nobel de Química Richard Royce Schrock o día 10 de novembro as 20 horas na Aula Magna da mesma Facultade.