Ola amigo:
Para que lles informes ós socios, envíoche información sobre a
conferencia de Sheldon Lee Glashow, Premio Nobel de Física no ano 1979,
que é un dos científicos máis grandes da historia da física pola
unificación do electromagnetismo coa forza débil, todo un fito.
Saúdos de TINO.
05/11/2011 - Mar M. Louzao / El Progreso (Lugo)
Conferencias en el Museo Ramón María Aller de la Semana de la Ciencia
A asociación de Escritores en Língua Galega colabora no día da Ciencia en Galego cunha serie de contos, escritos exprofeso para que poida usalo o profesorado galego estes días en que estamos a traballar a Ciencia en Galego.
Das Follas do Bacallau, (Ed. Xerais, 2005)
Xabier Paz,
CIENTIFICOS DE NOSO
(Rodríguez González / Domingo Fontán e Ramón Aller)
Cipriano Luís Jiménez Casas
A asociación de estudantes Trabalingua xunto coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organizan para mañá, día 4 de novembro, ás 20.30 h, un café-teatro no café Detrás do MARCO, en Vigo.O tema sobre o que se falará é o cerebro. Ademais do actor César Goldi participarán o profesor Casto Rivadulla e o investigador Pablo Arias, ambos os dous do grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña .Nas vindeiras semanas estes cafés celebraranse en Pontevedra e Ourense, con temas e participantes diferentes.
A Universidade de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo, organizan tres encontros "café-teatro" en cada unha das cidades con sede da universidade; Vigo, Ourense e Pontevedra.