A Ciencia o día 7 de novembro do 2011

A escola de Lago, CRA de Valdoviño

O día 7 continuamos co noso inicio á Ciencia:
Miramos como estaba o ovo que puxemos en vinagre o día 3, estaba xa gomoso. Todos o prememos cos dedos como se fora unha pelota de goma pero finalmente estoupou ó poñelo a botar. A pel quedou como unha tea non como unha cáscara. Volvimos a poñer outro ovo en vinagre e o deixaremos máis días para que resista máis os rebotes.

Distribuir contido