A escola de Lago, CRA de Valdoviño

Submitted by escoladelago on Mar, 11/08/2011 - 10:30

O día 7 continuamos co noso inicio á Ciencia:
Miramos como estaba o ovo que puxemos en vinagre o día 3, estaba xa gomoso. Todos o prememos cos dedos como se fora unha pelota de goma pero finalmente estoupou ó poñelo a botar. A pel quedou como unha tea non como unha cáscara. Volvimos a poñer outro ovo en vinagre e o deixaremos máis días para que resista máis os rebotes.
Puxemos unha vela acesa nunha caixa con auga, tapámola cun tarro e cando se apagou a vela o tarro quedou unido á caixa, collíamos o tarro e levantaba todo. Probamos todos, mesmo subindo alto e non se despegaban... finalmente con forza soltamos o tarro...
Logo probamos o mesmo pero cun vaso en vez do tarro e esta vez o que sucedeu foi que despois de apagarse a vela, foi subindo a auga por dentro do vaso e baixando a auga de fora...
Tamén fixemos unha aplicación: como sacar una moeda dun prato con auga sen tocar a auga, facéndoo do mesmo xeito que a anterior porque retiraba a auga da caixa...
Logramos sacar unha moeda que está debaixo dun misto que está apoiado noutro misto que está en vertical, sen tocalos mistos nin tiralos, coa axuda de lume...
Despois fixemos outro experimento poñendo un tapón de cortiza flotando en auga e logo cubrinloo co vaso.. e non hai auga no vaso e o tapón queda no fondo...!
Puxemos un limón en auga e flota, pelamos outro e vaise ó fondo...
Aproximamos una vela acesa a globos e estalaban todos pero logo lles metíamos auga e xa non estalaban.
Nun tarro de películas de fotos lle fixemos buratos no fondo e 1 na tapa. Metíamos auga e escapaba polos buratos pero si tapábamos o furado de enriba a auga non saía...
Repetimos o experimento do ovo cocido que se mete polo cuello duna botella coa axuda dun misto.
Vimos vídeos de experimentos.
Mirade fotos en:http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/11/escola-de-lago-sema-da-ciencia-en.html