IV CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONO LÚDICO

Achegamos, con rogo de divulgación, información sobre o IV CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONO LÚDICO, que se celebrará na Illa de Arousa e que está centrado especialmente nos xogos tradicionais da costa. O curso conta coa homologación oficial da Consellería de Educación a todos os efectos. Entre outras actividades, os asistentes aprenderán a navegar, con integrantes da Asociación Cultural Dorna, en embarcacións tradicionais, entre elas a propia dorna. As prazas son limitadas.

Máis información nas páxinas web da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (www.agxpt.org) e de Nova Escola Galega (www.nova-escola-galega.org). 

Agradecemos a difusión da actividade. 

Un saúdo cordial