Estudos de Lingüística Galega, nº 4

Submitted by dubert on Mar, 09/18/2012 - 11:43

O Instituto da Lingua Galega acaba de publicar o número 4 da súa revista, Estudos de Lingüística Galega. Coma sempre, a revista ten tres seccións principais: 

A) Pescuda, que recolle traballos de investigación. 

B) Peneira, que recolle discusións sobre problemas de estandarización do galego.

C) Anada, que recolle unha recolección de títulos bibliográficos publicados ó longo de 2010 que interesan ós investigadores sobre o galego e un conxunto de recensións sobre traballos de investigación.

A revista pode consultarse na web http://ilg.usc.es/elg/volume/4/.