Co motivo do"Día da Ciencia en Galego", o Museo de Historia Natural, xunto ao Servizo de Normalización Lingüística da USC, organizan o sábado 7 de novembro actividades


Bo día,



Co motivo do "Día da Ciencia en Galego", o Museo de Historia Natural, xunto ao Servizo de Normalización Lingüística da USC, organizaremos o sábado 7 de novembro actividades para nenos e adultos ao redor da figura de Isidro Parga Pondal.



Estas actividades serán gratuitas pero con inscrición previa na nosa web:

http://revistas.usc.es/?/tod?/obradoiros/obradoiro_0002.html



Parga Pondal no Museo de Historia Natural, o pai da xeoloxía en Galicia

- Obradoiro gratuito para nenos

Data e Horario:

Sábado, 7 de Novembro; de 11:00 ? 13:00

Contidos:

- Visitaremos o Museo a través das coleccións nas que Parga traballou e realizaremos actividades a seu redor.

- Os pequenos poderán comezar a súa ?Colección de pedras de Galicia? como fixo Parga no seu tempo e coñecer un pouco máis da nosa xeoloxía.

Tamaño e perfil do grupo:

Nenos de 6 a 12 anos

Prezo:

GRATUITO



Parga Pondal no Museo de Historia Natural, o pai da xeoloxía en Galicia

- Charla e visita gratuíta ao Museo para adultos

Data e Horario:

Sábado, 7 de Outubro; de 17:00 ? 19:00

Contidos:

- Visitaremos o Museo a través das coleccións nas que Parga traballou

- Falaremos da súa vida, a súa obra científica e a súa vinculación a Universidade e ao Museo.

Tamaño e perfil do grupo:

Adultos.

Prezo:

GRATUITO





Saúdos,

Daniel Castro

Xetión de Visitas MHN USC