Entérate, a ciencia tamén é cultura

Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día! (Edublog participativo)


4 de novembro, día da ciencia en galego !!
O noso blog está escrito en galego para reivindicar a normalización da nosa lingua e combater os prexuízos e a marxinación á que a queren someter.


O galego non é ningún impedimento para o desenvolvemento da ciencia. E se non nos credes, ollade as entradas publicadas o 4 de novembro sobre grandes científicos galegos e deixade a vosa opinión.