Servizo de Normalización Lingüística da USC

No enlace http://www.usc.es/snl/dinamiza/cienciaengalego.htm hai tamén outro cartel elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC no que se recollen as distintas actividades nos diferentes centros da Universidade.

 
 
 

O día 4 de novembro de 2011 varios centros da USC, uníndose ao ensino de primaria e secundaria, van celebrar o Día da Ciencia en Galego, polo dereito a gozar da ciencia no noso idioma. Xa o pasado ano as tres universidades argallaron a campaña "En galego tamén se fai ciencia". Velaquí as actividades que se han desenvolver en Bioloxía, ETSE, Física e Matemáticas (Campus de Santiago) e na Biblioteca Intercentros, Ciencias, EPS e Veterinaria (Campus de Lugo). Tamén podes descargar o cartel en formato PDF (117 KB)