Tecnoloxía

Que facer o día 5 de Novembro

Para os amigos e amigas dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Tecnoloxía, Plástica, Galego e Matemáticas ou de Ciencias da Natureza, ademais de todos os interesados na Ciencia e no Galego:

A cicloide

Pensa que curva describe un punto da roda dunha bicicleta cando se move en liña recta? Adiviñanza: Que parte dun tren pode ir na dirección oposta ao movemento dese mesmo tren?

A curva que vas estudar a continuación pode axudar a responder á esas dúas preguntas.

Galileo Galilei (Italia, 1564-1642) des­cubriu a cicloide en 1590. Pouco tempo despois a ponte de Mezzo sobre o río Arno, en Pisa, construíuse cun desefio baseado nesta curva.

Leonardo e o Rectángulo Áureo

O Rectángulo Áureo: Este rectángulo ten unha importante característica xeométrica, se se lle “quita” un cadrado de lado a parte máis pequena dese rectángulo, a rexión que queda é outro rectángulo das mesmas proporcións que o orixinal. Se queres visualizalo mira a obra de Geogebra recouro.ggb que se xunta.

A perspectiva

  • Leonardo non inventou a perspectiva na pintura pero foi un dos primeiros artistas en usala.
  • Nos documentos que se xuntan utilizamos geogebra para analizar a perspectiva de A última cea de Leonardo (1495-97, Basilica S.

O home de Vitrubio

O home de Vitrubio é un dos máis coñecidos deseños de Leonardo

Aquí o estudamos, cun applet Geogebra desde o punto de vista das proporcións do ser humano. De Qué número nos quere falar Leonardo neste debuxo?

Como se chama?