Medio milleiro de estudantes celebraron o Día da Ciencia en Carballiño

Medio milleiro de estudantes celebraron o Día da Ciencia

Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!
 

X.A.R. CARBALLIÑO - 05-11-2011

As instalacións do Instituto de Secundaria 'Manuel Chamoso Lamas' do Carballiño acolleron a celebración do Día da Ciencia en Galego, adicado este ano ás mulleres científicas, concretamente a Marie Curie e María Josefa Wonenburger. Así os alumnos de cuarto de ESO convertíronse por un día en científicos en levaron a cabo varios experimentos vencellados ó lume.

Por outra banda, os estudantes de Bacharelato e Ciclos Formativos participaron nunha videoconferencia de Ángel Carracedo, prestixioso xenetista da Universidade de Santiago de Compostela. Iste profesor falou dende a cidade de Natal, en Brasil, encol de 'Xenética e investigación policial', unha charla á que estiveron conectados un cento de centros de Secundaria de Galicia.



CONTRIBUCIÓN

Os integrantes da dirección do 'Chamoso Lamas' destacan o alto índice de participación do alumnado (uns 450 rapaces) no programa do Día da Ciencia. Neste sentido, apuntan que 'con estas actividades pretendemos que os estudantes se ilusionen coa ciencia e tomen conciencia da importancia da contribución das mulleres á mesma, xa que moitas veces o seu traballo é inxustamente infravalorado'.

http://www.laregion.es/noticia/179775/medio/milleiro/estudantes/celebra…