Día 5 de Novembro de 2012, III día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego

Pero o día 16 de Outubro de 2012, día da loita pola Ciencia e a Tecnoloxía galegas

Todos xuntos coas bicicletas, nos centros, ... para defender unha maneira non puramente abstracta e selectiva de aprender a ciencia e a tecnoloxía.

Hai quen entende a educación unicamente como un método de selección, de escoller, "aos mellores", os que mellor entenden a abstracción, como se ese fose un valor absoluto por riba da creatividade, da intelixencia emocional, dos resultados práticos e tecnolóxicos. Para iso aumentan as materias seleccionadoras, como fai o goberno.

Por unha mellor educación, sen desigualdades producidas con exames continuos que favorecen ás clases superiores sobre as populares, sen latín e grego continuo, sen estudar os verbos en vinte idiomas, con máis ciencia e tecnoloxía.

Dicía Leonardo da Vinci, o homenaxeado deste ano: "Son vans e están pragadas de erros as ciencias que non naceron do experimento, nai de toda certidume."

Ou como dicía Hemingway, queremos facer un mundo de persoas mellores, que son as que "posúen un sentimento para a beleza, a coraxe para asumir riscos, a disciplina para dicir a verdade, a capacidade de sacrificio."

Unha educación que favoreza non a repetición como loros senón a creatividade e o entendimento, o sentido crítico,.., xa que  "É mellor fallar na orixinalidade que ter éxito na imitación. "- Herman Melville,

As actividades do día 16 de outubro serán coordinadas desde a APETEGA http://www.apetega.org

Contra os recortes,

contra os recortes na educación e na ciencia e na tecnoloxía,

contra a segregación, contra a segregación temperá por notas

contra os criterios de selección falaces que so ocultan que defenden que a cultura e a educación deben ser privilexios de clase. Non o din, pero están nos seus obxectivos.