No IES. "Chano Piñeiro" de Forcarei (Pontevedra) celebraremos o vindeiro martes 6 de novembro o III Día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego cun conxunto de actividades organizadas polos departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química e Bioloxía, conxuntamente co Departamento de Normalización Lingüística.
Das actividades en torno á figura de Leonardo da Vinci ocúpase o departamento de Tecnoloxía, na ligazón ó blogue de aula "Flor de Toxo" podedes ver máis información sobre esta actividade.
Da figura de Ramón Verea se ocupa o departamento de Matemáticas, que ademais está a organizar unha exposición con paneis nos que, dunha maneira resumida, se explica a historia e evolución das calculadoras desde o ábaco ata as máquinas actuais. Dita exposición vai acompañada dunha pequena mostra de calculadoras nas que se reflicte dunha maneira visual a evolución destes aparellos partindo de máquinas que teñen algo máis de medio século de historia.
Ademais, no noso centro celebraranse cinco obradoiros nos que o propio alumnado será o que lles presente as diferentes actividades aos seus compañeiros e compañeiras. Precisamente, este feito e que TODO o alumnado do IES Chano Piñeiro poida disfrutar dos talleres e, por conseguinte, da ciencia, fai que sexa unha actividade do máis atractiva. Os obradoiros son:
- LEONARDO E A TECNOLOXÍA (Dpto. Tecnoloxía) Como quedou dito con anterioridade presentaranse unha serie de actividades en torno á figura de Leonardo da Vinci
- enCANTAdores (Dpto. Música) Explicarase a relación existente entre a música e a matemática
- MICROSCOPIO. CONTRÚE O TEU CROMOSOMA (Dpto. Bioloxía) Diversas actividades preparadas polo departamento de bioloxía nas que o microscopio será parte importante
- MATEMAXIA (Dpto. Matemáticas) Maxia e matemáticas contrúen un universo de ilusión onde só os números teñen a resposta.
- XOGANDO COA QUÍMICA (Dpto Física e Química) Diversos experimentos para aprender máis sobre os fenómenos que nos rodean
Toda a información irá aparecendo nos seguintes día no blogue do ENDL Lingua de Montes