O mellor domo ou cúpula xeodésica no 2013

Imos facer unha cúpula ou domo e tomamos como modelo o descrito para a OSHWDEM 2012 en Coruña (ver a foto en páxinas anteriores). Como podemos facer iso?

Hai pezas, conectoras, que imos facer poñendo a proba a impresión colaborativa de pezas de plástico impresas por unha comunidade de impresoras 3D de open source. Se non localizamos esas impresoras podemos encargar as pezas.

O desafío comeza xa.

Imos con detalles:

Que imos facer?

Imos fabricar e montar colaborativamente:

• 2 dodecaedros, que vamos converter nunha cúpula xeodésica ou domo, ou, polo tanto,

• 1 cúpula xeodésica ou un domo.

Os espazos habilitados deben ser capaces de montar esas estruturas. Como é o domo?

A cúpula xeodésica é unha estrutura que se asemella a unha semiesfera. A cúpula que imos montar ten un raio de 2,5 metros.

Trátase dun icosaedro/ 2V/L2. Como conectores utilizaremos conectores de 5 e 6 puntas e variñas de dúas lonxitudes diferentes. Podedes ver as ideas básicas aquí

http://simplydifferently.org/Dome

como calcular o tipo 2V aquí

http://desertdomes.com/dome2calc.html

Podes ver os cálculos do modelo que imos facer en:

http://simplydifferently.org/Geodesic_Dome_Notes?page=3 no punto onde pon 2V/L2 Icosahedron Dome

Para ver os datos que necesitamos enche na cela 'd' de 2V Icosahedron Dome Calculator co valor 5 (correspondente ao diámetro, en metros, da superficie base que ocupa o domo) (Está na páxina citada un pouquiño máis abaixo). Observade ao lado dereito das dimensións da bóveda de 2,5 metros de altura en relación cun ser humano dun 1,70 m de altura.

Segundo eses cálculos que fai o programa, como podedes comprobar, o equipo necesario é:

• 30 varas A de lonxitude 1'4m.

• 35 varas B de lonxitude 1'6m

• 20 conectores de 6 vías. (Cada conector de 6 vías está composto de sete obxectos de impresión 3D: 6 tapas de variña e corpo do conector de seis vías). En total: 140 obxectos. Neste enderezo tedes os modelos 3d e como facer esas pezas nunha impresora 3d

http://www.thingiverse.com/thing:8985 

• 6 conectores de 5 vías. (Cada conector de 5 vías está composto de 6 obxectos imprimíbeis: 5 tapas de variña e o corpo do conector de 5 vías) Total: 36 obxectos. Ver os modelos 3d e os detalles en http://www.thingiverse.com/thing:8985

(un total de 140+36=176 obxectos de impresión). (Como alternativa, a eses obxectos 3d, tubos de plástico unidos por un obxecto que os prenda.)

• 150 roscas M3

• 150 parafusos de cabeza Allen M3
O dodecaedro

O dodecaedro é un poliedro con 12 caras. Imos construír un dodecaedro regular, xa que as súas 12 caras son 12 pentágonos regulares.

Para iso imos usar variñas dun metro de lonxitude e os conectores creados por EFFALO mencionados anteriormente.

O equipo necesario é:

• 30 variñas de 1m de lonxitude

• 20 conectores de 5 vías. (Cada conector de 5 vías consta de seis obxectos imprimíveis: 5 tapas de variña e o corpo do conector de 5 vías) Total: 100 obxectos. http://www.thingiverse.com/thing:8985
(un total de 100 obxectos de impresión)

• 100 roscas M3

• 100 parafusos M3 de cabezas Allen
As variñas son de piñeiro de 10 mm de diámetro na súa sección.
 Entón como podemos participar?

Para que o experimento sexa tan gratificante como sexa posible, e poidan participar o maior número posible de centros, aquí están as regras:

• Participación pode ser individual ou por centro ou grupo.

• As tapas impresas de variñas deben enroscarse con roscas M3 e colocar os parafusos nelas.

• Non hai coordinación na fabricación. Pero podería habela, un ou varios centros poderían imprimir aos outros por un módico prezo as pezas 3d. En calquera caso IGACIENCIA pode encargarse de rexistrar as peticións e os métodos de fabricación.
• Todos os que participan desta experiencia terán un recoñecemento como diploma de IGACIENCIA.

• Pode usar o tipo de filamento que queira, ABS ou PLA. Ou calquera outra cor neutra. 3mm ou 1,75 milímetros.

Cando vai facer a montaxe?

Podemos facer algunha experiencia práctica conxunta de montaxe cando teñamos as pezas necesarias.

Cando é o reto?

O reto remata oficialmente ao final de cada trimestre lectivo, no 15 de marzo e no 25 de xuño de 2013 e no día da ciencia en galego, en novembro. Para certificalo farémonos fotos con el, (ou ben montalos nun lugar concreto). Enviade as fotos.

 • Un exemplo feito no proxecto Thingiverse.


http://www.thingiverse.com/image:176958

E en Coruña

http://www.youtube.com/watch?v=7hs3FDyNDU4 desde o minuto 1:50

Ao final, en novembro, daremos un pequeno premio ao mellor domo construido. O xurado estará composto por todos os participantes (1 representante por construcción).

Difícil? Non hai nada dificil se está feito en galego!