O Museo de Lugo exporá a obra cerámica de Isaac Díaz Pardo

O Museo de Lugo exporá a obra cerámica de Isaac Díaz Pardo

Desde o xoves poderanse ver máis de 350 pezas feitas entre os anos corenta ata os seus últimos deseños xa no século XXI

1 votos

O Museo Provincial de Lugo amosará a partir deste xoves e ata o 2 de febreiro a primeira gran mostra da obra cerámica de Isaac Díaz Pardo. Trátase dunha exposición formada por máis de 350 pezas, que recollen a evolución creativa da cerámica de Díaz Pardo, desde finais dos anos corenta do pasado século ata os seus últimos deseños, xa no século XXI. Un dos comisarios da mostra, Fernando Arribas, sinalou este mediodía na presentación que se teñen feito mostras sobre a parte pictórica de Díaz Pardo, pero que grazas ao Museo Provincial de Lugo porase en valor o seu inxente traballo como ceramista e como creador das míticas formas que levaría á práctica Sargadelos e O Castro. Na mostra poderanse ver pezas inéditas, que proveñen de coleccións privadas e de cesións da familia Díaz Castro.

A exposición tamén inclúe debuxos e bosquexos inéditos de Isaac Díaz Pardo de pezas realizadas nas fábricas de O Castro, Magdalena e Sargadelos.

Na presentación da mostra estiveron, ademais de Arribas (a outra comisaria é Teresa Pena Moreda), a coordinadora da exposición, Encarna Lago, e o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/11/12/museo-lugo-expora-…

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/11/13/museo-lugo…

http://elprogreso.galiciae.com/nova/290455-sargadelos-se-adapta-siglo-x…

http://elprogreso.galiciae.com/nova/290477-museo-lugo-acollera-primeira…

O Museo de Lugo acollerá a primeira mostra sobre a cerámica de Díaz Pardo


Etiquetas: Díaz Pardo, cerámica, mostra, Museo de Lugo

13/11/2013 - María L. Viñas / El Progreso (Lugo)

«Este local non vai ser, claro está, un casino de conversadores e fumadores, porque os que imos traballar nel non podemos ter mais privilexio que o de dar exemplo». Son estas palabras escritas con xiz no encerado da fábrica de Sargadelos por Isaac Díaz Pardo, a quen o Museo de Lugo lle dedica a primeira grande exposición sobre a súa cerámica.

Palabras que definen o seu espírito, o que o levou a fundar o Grupo Sargadelos -de triste actualidade polo que agocha o acrónimo Ere-, e as que forman parte dun relato de arte e compromiso ao longo de máis de sete décadas.

http://elprogreso.galiciae.com/nova/290362-museo-lugo-exhibe-350-piezas…

 

El Museo de Lugo exhibe más de 350 piezas de cerámica de Díaz Pardo


Etiquetas: Museo de Lugo, exposición, cerámica, Díaz Pardo, Lugo

12/11/2013 - elprogreso.es (Lugo)

El delegado de cultura y turismo de la Diputación de Lugo, Mario Outeiro, presentó, este martes, en el Museo Provincial de Lugo, 'A vangarda das formas', una exposición que recoge una selección de la obra cerámica del intelectual galleguista, pintor, ceramista, diseñador y editor Isaac Díaz Pardo, que estará abierta al público en la sala de exposiciones del museo desde este jueves, 14 de noviembre, hasta el 2 de febrero.

La muestra, formada por más de 350 piezas, recoge la evolución creativa de la cerámica de Isaac Díaz Pardo desde finales de los años cuarenta del siglo pasado hasta sus últimos diseños, ya en el siglo XXI.

Según destacó el Museo, se trata de la “gran primera muestra realizada en Galicia sobre producción cerámica llevada a cabo por Díaz Pardo y en la que figuran las obras originales de sus comienzos en esta actividad artística”, así como también los últimos prototipos diseñados por él y sus colaboradores. Entre ellos destaca Luis Seoane, con el que funda el Laboratorio de Formas. La muestra incluye también dibujos y bocetos inéditos de Isaac Díaz Pardo de piezas realizadas en las fábricas de O Castro, Magdalena y Sargadelos.

Outeiro señaló que la obra cerámica de Isaac Díaz Pardo “es el resultado de un proyecto desarrollado durante más de sesenta años que, además, se convirtió en una de las experiencias culturales y empresariales más importantes de la Galicia contemporánea”.

Uno de los dos comisarios de la muestra, Felipe Arribas, explicó que se han hecho “muchas muestras sobre la obra de Díaz Pardo, pero centradas en la parte pictórica, por eso esta es única hasta el momento”.

Encarna Lago, coordinadora de la exposición y gerente de la Red Museística de la Diputación, se congratuló de que “se logró hacer una exposición con un montaje excelente con recursos limitados”.