http://www.crtvg.es/informativos/a-rede-de-bibliotecas-de-galicia-desen…

A rede de bibliotecas de Galicia leva a cabo o Mes da Ciencia en Galego

Publicado o 30/10/2017 16:02

Sen ciencia é díficil que poidamos ter un futuro mellor...

Esta é a mensaxe que quere facer chegar a especialista en matemáticas Peregrina Quintela a todos os participantes nas actividades do Mes da Ciencia en Galego. A programación desenvolverase ao longo de todo o mes de novembro na rede de bibliotecas públicas de Galicia. No manifesto desta edición Peregrina Quintela diríxese aos máis novos para que vexan o valor da ciencia do seu día a día.