Obradoiros de Inés Ben polo VIII día da Ciencia en Galego no CEIP de Cervo

Programa para pechar o mes ciencia en galego-Fontán.

 Coordenadas xeográficas

Diurnas, día soleado

1º Orientarse cun gnomon. A sombra máis curta, a do mediodía solar, coincide coa dirección Norte-Sur (sol está máis alto e ao sur; perpendicular E-O).

2º Orientarse cun reloxo analóxico. (Ollo, marcar hora solar).

Nocturnas, noite estrelada

A partir do movemento das estrelas cercanas ao horizonte. Desprazamento cara arriba, estamos mirando ao leste, cara abaixo-Oeste, á esquerda-Norte e á dereita-Sur.

Coa estrela Polar –localización a partir da Osa Maior ou de Cassiopea-.

 Coordenadas magnéticas

3º O baile das limaduras de ferro. Maxia?

Que observas? A que pensas que se debe? (Emitir unha hipótese). Como podemos comprobalo?

4º Parellas de imáns. Persecución… repulsión, atracción. Polos.

Técnica para converter agullas ou alfinetes en imáns (imantar e desimantar)

5º O compás (brúxula).

Observar o seu funcionamento:

Que sinala a súa agulla? Cal será a causa de que sempre se oriente da mesma maneira aínda que a xiremos?

A Terra, un gran imán. A ordenación das partículas no material que se imanta. Agulla cor-N.

O campo magnético terrestre interacciona coa agulla imantada do compás de maneira que sempre indica a dirección do polo norte magnético.
Observar como está construída. Cales son os elementos imprescindibles?

6º Orientarse. Construción dun compás.

Elixir o medio material que permita moverse sen demasiado rozamento: aire, auga (compás flotante-compás colgante)

Imán ou obxectos imantados. Soporte para apoiar - suxeitar os obxectos imantados de maneira que podan xirar.

Elección entre varios materiais soporte.

Determinar cal dos compases sinala o N con maior precisión.  Previo pegar cartolina na que, con axuda do compás, sinalamos N, S, E, O.

 Organización aula: 4 mesas situadas nas 4 esquinas con cadeiras, folio, lápiz e tesoira.   1 mesa no centro sen cadeiras e co material que se relaciona a continuación.

Materiais: 3-4 Agullas de coser lá, auga, un pouco de plastilina, cinta celo, 1 flexo ou lámpada de mesa, 1 ou 2 redondeis de diámetro semellante ao tamaño da agulla de lámina fina corcho branco. Arame de cobre, alfinete, corcho, 1 compás e 2 imáns

Recipientes: 3 platos fondos ou recipientes de bastante diámetro (mellor se son transparentes) ou bandexas corcho branco un pouco grandes. 2 Vasos altos e de boca ancha, ou tipo xerra.

A que vos apetece asistir?