O Blogue do CEIP Campolongo


 


Péchase o blogue do EDNL do CEIP Campolongo

Dende onte, 25 de outubro de 2011, este blogue pasa a ser particular (de Nito). Xa non é do EDNL do CEIP Campolongo.

Por perder a súa principal finalidade dentro do centro queda PECHADO.

A decisión de deixar de ser "oficial" e pasar a ser particular tomouse baixo unha xuntanza promovida por inpección para que eu acatara os seguintes puntos. Algúns deles non atinxen directamente a este tema en particular, pero quero deixar constancia de todos .

Como se negaron a dalo por escrito, van deste xeito:

1- Calquera exposición que se queira solicitar terá que ser primeiro comunicada ou ben ó coordinador ou ó Equipo Directivo. Nota: Se alguén quere cóntolle este conto.

2- Entregar as claves do blogue e do correo electrónico ( xa llelas entregara fai dous anos pero estraviáronas).

3- Antes de subir un artigo ó blogue, ou poñer unha nova no taboleiro do EDNL, ou nos xerais, teño que ter autorización do coordinador ou do Equipo Directivo.

4- Teño que retirar todos os artigos "complicados" (inapropiados) do blogue.

5- E último, teño que entender ben claro cal é a xerarquía.

 


Como non me gusta nada o que se me di, en especial non estou disposto a acatar o punto nº 4, e os outros, aínda que poidan ser legais, nesta circuntancia que estou vivindo parécenme humillantes, é polo que propoño (despois de maduralo un pouco), como alternativa que o blogue deixe de ser oficial do centro, deste xeito non teño por que borrar nada, nin dar ningunha clave de novo.

Todos os presentes aceptan: Equipo Directivo e Coordinador de Normalización Lingüística.

Agora mesmo non estou con forzas de loitar por esta inxustiza. Temo pola miña saúde e polo benestar da miña familia e dos compañeiros.

Sinto decepcionar a aqueles que lles gustaría e que me animaron a seguir pelexando por esta inxustiza.

 



https://picasaweb.google.com/lh/photo/NFiOqA7tVisLSsSW0zx20g?feat=embedwebsite


http://www.blogoteca.com/nlcampolongo/index.php?cod=105477