Turing no 12 de Outubro de Ourense

Submitted by admin on Sáb, 01/01/2022 - 13:39

Rosa cóntanos que

O prometido é débeda. Xa temos o noso robot e o noso novo poliedro dando a benvida a todo o alumnado que visita a exposición sobre Turing. A exposición e as visitas están a resultar un éxito. Todas as alumnas e alumnos están a ser superreceptivos e a actividade está a gustar moito. Esta é a forma de traballar na que cremos. Agora mesmo o alumnado de 4º ESO está a ser o verdadeiro protagonista do proceso de ensino-aprendizaxe. Esperamos que a nosa pequena achega sirva para que outras profesoras e profesores anímense a traballar desta forma. Enviamos fotos Saúdos cordiais