Escola de Lago do CRA "Esquío" de Valdoviño

Submitted by escoladelago on Sáb, 10/29/2011 - 13:10

Queremos facer experimentos doados, baratos e divertidos para nenos de infantil e 1º de Primaria.
Temos elexidos varios sobre volcáns, con velas, de cociña, etc. A maioría son de química pero algún o faremos de física para que poidan entender a diferencia entre estas 2 ramas da ciencia.
Traballaremos tamén sobre as 2 científicas propostas para esas datas.
Empezaremos o xoves día 3, pois o luns, martes e mércores desa semá o noso centro non ten clase, pero continuaremos a semá seguinte, polo menos.
Nalgunha das actividades participarán as familias.
O día 4 unirémonos á proposta de acender as velas con todos os demais centros de Galicia.
Iremos subindo, pouco a pouco, a información do que vaiamos facendo.
O noso idioma vehicular e de traballo será, como sempre, o galego.
No blogue do CRA de Valdoviño, apartado da Escola de Lago, poderedes ir vendo o que estamos a facer...
http://obloguedocraesquio.blogspot.comEstamos nel desde maio 2010, sen interrupción. Agora mesmo imos pola Entrada nº 42, a Semá da Ciencia iniciará a entrada nº 43 da Escola de Lago.