Trabalingua e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organizan cafés-teatro científicos

Submitted by diranl on Xov, 11/03/2011 - 12:43

A asociación de estudantes Trabalingua xunto coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organizan para mañá, día 4 de novembro, ás 20.30 h, un café-teatro no café Detrás do MARCO, en Vigo.O tema sobre o que se falará é o cerebro. Ademais do actor César Goldi participarán o profesor Casto Rivadulla e o investigador Pablo Arias, ambos os dous do grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña .Nas vindeiras semanas estes cafés celebraranse en Pontevedra e Ourense, con temas e participantes diferentes.