Alumnos do IES de Melide levaron os experimentos á rúa

Alumnos do IES de Melide levaron os experimentos á rúa

Escolares de Bacharelato amosaron a veciños varias probas científicas con materiais básicos

SUSANA FORMOSO MELIDE

O Cantón de San Roque converteuse onte nun pequeno
laboratorio improvisado onde veciños e visitantes puideron observar
diversos experimentos con materiais de uso prácticamente diario. Esta
iniciativa desenvolvérona alumnos de 2º de Bacharelato do Instituto de
Melide, dentro da celebración do Día da Ciencia en Galego.

O principal obxectivo, segundo explican dende o
centro educativo melidá, é amosar que é posíbel explicar a ciencia en
lingua galega. Por outra banda, e incluída dentro dunha programación
máis ampla, tamén se conmemora dende o IES o Ano Internacional da
Química, que este ano lembra a figura de Marie Curie, a primeira muller á
que se lle concedeu o Premio Nobel, no ano 1911.Más información en El Correo Gallego