Pouco se sabe do Matemático de Bermés e é unha mágoa

escritor e xornalista «Pouco se sabe do Matemático de Bermés e é unha mágoa»

Alumnos do IES Laxeiro coñecerán a traxectoria deste ilustre lalinense

amelia ferreiroa
lalín / la voz
4/11/2011de Lalín acolle hoxe unha serie de actividades, que se enmarcan na celebración do Día da Ciencia en Galego, e que se abren cunha charla e posterior demostración do traballo que desenvolven os bombeiros. Unha conferencia, que está previsto arranque ás nove da mañán, e que será impartida polo responsable do Parque Intercomarcal de Bombeiros de Deza e Tabeirós-Montes Francisco Javier Valiño. Ao fío das once comezará outra charla, á de Armando Vázquez Crespo, sobre o Matemático de Bermés.

-Nesta celebración do Día da Ciencia en Galego, ¿por que se decantou polo Matemático Rodríguez para a súa charla?

-Foron os responsables do centro quenes se decantaron polo Matemático de Bermés e eu encantado de participar nesta actividade.

-¿Como vai estructurar a conferencia?

-Falarei do que se sabe do Matemático Rodríguez, que non é moito pola época convulsa na que viviu. A verdade é que pouco se sabe del, e é unha mágoa xa que tivo unha vida moi intensa e interesante. Como sabedes participou en cuestións serias como a triangulación do meridiano malia que decían del que se interesaba por todo tipo de cuestións, mesmo polo baile e pola música. Faleceu moi novo aos 54 anos. Certo que aquí o su nome soa. Ten unha estátua e unha rúa pero son escasas as publicacións sobre o que fixo este ilustre veciño e espero que a xente nova se interese polo traballo que desenvolveu.

-O coñecemos como o Matemático Rodríguez pero poucos como José Rodríguez González...

-Escasa información sobre a súa persoa e por se fora pouco con nome e apelidos comúns... Meu avó José Vázquez Rodríguez saiu da casa do Matemático Rodríguez e eu dormín varias veces na súa cama, unha cama desas antigas de ferro... Son sobriño neto do Matemático de Bermés...

 

-Do matemático escribiu no libro «A Comarca do Deza» que publicou xunto a Daniel González, ¿de todas as obras é a máis coñecida na zona?

-É un libro de referencia, certamente, do que se fixo unha primeira e unha segunda edición que se esgotou. Sería bo que se fixera unha terceira edición por parte da Deputación.

 

-¿Con que nova publicación nos sorprenderá?

-Agora non estou escribindo nada malia que quedou sin facer a historia das Terras do Faro. Non houbo interese suficiente para que dita publicación vise a luz.

armando vázquez crespo escritor e xornalista