O IES Laxeiro súmase aos actos do Día da Ciencia

O IES Laxeiro súmase aos actos do Día da Ciencia

Armando Vázquez disertará sobre o Matemático de Bermés

AMELIA fERREirOa
LALÍN / LA VOZ
3/11/2011
O IES Laxeiro súmase aos actos do Día da Ciencia
O centro promove ao longo dos cursos múltiples actividades coma este ciclo sobre enerxía.
m. míguez
  • ES Laxeiro de Lalín sumarase á celebración do Día da Ciencia en Galego, e farao mañán cunha serie de actividades que arrancarán ás nove da mañán cunha conferencia.

O responsable do Parque Intercomarcal de Bombeiros de Deza e Tabeirós-Montes, Francisco Javier Valiño, será o encargado de abrir o programa de actividades do Día da Ciencia en Galego -que se adica este ano ao mundo da química- cunha charla e posterior demostración sobre o traballo que desenvolven os bombeiros. O salón de actos e posteriormente o patio do centro serán os lugares nos que se celebrará a ponencia e as pertinentes demostracións que realizará Francisco Javier Valiño e que irán dirixidas aos alumnos de 1º e 2º da ESO. Unha primeira actividade que rematarán ás 10.35 horas e que dará paso a un segundo conferenciante: Armando Vázquez Crespo, escritor e xornalista lalinense, que ten no seu haber numerosas publicacións relacionadas coas terras dezás. Unha delas, «A comarca do Deza», escrita xunto ao tamén lalinense Daniel González é -posiblemente- unha das máis coñecidas.

Armando Vázquez falará de José Rodríguez González, máis coñecido como o Matemático Rodríguez. Baixo o título de «O Matemático de Bermés. Memoria dun home sabio. Vida e traballos», Armando Vázquez explicaralles aos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato o importante que foi este veciño de Bermés, nado no ano 1824, que foi matemático e agrónomo na etapa da ilustración. Viaxou por Francia, Inglaterra e Alemaña, percorreu as principais universidades e centros literarios e acadou a amizade de sabios e eruditos de toda Europa. No 1806 foi comisionado, xunto con François Arago e Jean Baptiste Biot, para continuar os traballos de Pierre Méchain para medir o meridiano entre Barcelona e Dunkerque. Deixou manuscritos e coleccións de mineraloxía coas que comezou a formarse o Gabinete de Historia de Santiago de Compostela e instrumentos que están nas salas do actual Museo de Ciencias Naturais. Dese home sabio falará Vázquez Crespo a partires das once da mañán, nunha actividade organizada polos Departamentos de Matemáticas e de Normalización e Dinamización Lingüística. No primeiro andar do pavillón, e ao longo da mañán, o alumnado poderá visitar unha exposición de paneis informativos sobre Marie Curie e María Wonenburguer e, no patio, haberá experimentos como introdución á maxia e ao espectáculo da química e da bioloxía.