Asambleas de profesores Análisis sobre o ensino

Asambleas de profesores
Análisis sobre o ensino

Instituto de Burela
29/10/2011

Despois da xuntanza do pasado 24, o profesorado do
IES Monte Castelo que se ven reunindo entre as 14 e as 16,15 horas dos
luns, continúa a traballar na análise da situación actual do ensino
público.
Nesta última sesión planteouse facer un seguimento
das subvencións que a Consellería concedeu nos últimos anos aos centros
públicos e aos privados concertados, así como da redución de unidades
que se produciu no sistema público á vez que se aumentou o número de
unidades concertadas.
Entre as liñas de traballo que estableceron está,
tamén, o facer unha análise dos recortes reais que se veñen producindo
desde hai uns anos en Galicia en xeral e nos centros da Mariña máis
concretamente, así como das materias afíns que están a impartir algúns
compañeiros e compañeiras.
Datos manexados apuntan a desaparición nalgúns
centros de prazas necesarias, á adxudicación de prazas dalgunha
especialidade a profesorado doutras especialidades ou á impartición de
máis materias afíns por un mesmo docente do que viña sendo habitual.
Todas estas medidas conlevan o deterioro do ensino público, o único que
implica aspectos tan importantes como pluralidade ideolóxica, relixiosa e
social.
Asimesmo, comentouse o resumo da reunión que o
sábado 15 de outubro mantivo o Conselleiro de Educación con
representantes das ANPAs e, a partir dese documento, os asistentes á
reunión acordaron buscar a información que permita contrastar os datos
que alí se deron.
Por outra banda, o grupo está satisfeito coa
participación do profesorado do IES (61%) no referendo celebrado o
pasado martes. O resultado deste referendo, convocado pola CIG e por
FETE-UGT, ven amosar que a maioría do claustro está en desacordo coa
orde pola que se amplíou a carga lectiva do profesorado e se estableceu a
obriga de vixilancia do alumnado transportado, na mesma liña que nos
demais centros nos que se celebrou o referendo.
O slogan que saíu da reunión e que vai estar presente nos corredores e na entrada do centro esta semana será ?No des afines?. Asambleas Abertas de Profesor@s do IES Monte Castelo, de Burela é o colectivo que asina este escrito de opinión sobre a situación do ensino público.