A química protagoniza o Día da Ciencia en Galego

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=19812

A SEGUNDA EDICIóN DESTA XORNADA CELéBRASE EN CENTROS DE ENSINO DE TODO O PAíS

A química protagoniza o Día da Ciencia en Galego


4 / 11 / 2011
Santiago. Redacción
 

Por segundo ano consecutivo chega ás aulas do país o Día da Ciencia en Galego. A coincidir coa declaración de 2011 como Ano da Química pola UNESCO, os coordinadores do evento acordaron centrar a xornada de hoxe nesta disciplina nos centros de ensino do país, homenaxeando tamén ás mulleres científicas e de xeito especial a Marie Curie e á matemática galega María Wonenburger. As asociacións de profesores de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía propoñen toda unha serie de actividades para traballar arredor destes eixes e múltiplos colexios e institutos anunciaron a súa adhesión ao proxecto baixo o lema "O dereito a gozar da ciencia en galego".

Culturagalega.org