Ciencia en Galego no IES de Becerreá

Submitted by admin on Ven, 11/30/2018 - 14:59

Antón cóntanos a Ciencia en Galego no IES de Becerreá:

Ola. Envíoche ó enlace ó blog do Equipo de Dinamización Lingüística onde se resume as actividades que fixemos no centro.

http://ednlbecerrea.blogspot.com/2018/11/o-ies-de-becerrea-celebra-o-dia-da.html

Moitas grazas polo traballo desenvolto, por todo o sementado, por tantas veces nas que non se ve o froito.

Saúdos

Celebramos o Pórtico da Gloria do mes da Ciencia en Galego, e ao Mestre Mateo, na súa casa, no mesmo Pórtico

Submitted by admin on Xov, 11/22/2018 - 11:53

Celebramos o Pórtico da Gloria do mes (imos cambiando de día a mes) da Ciencia en Galego, e ao Mestre Mateo, na súa casa, no mesmo Pórtico. O que di a Voz, nin nos mellores soños... pensei realizar unha actividade da Ciencia en Galego ... no Pórtico

O Pórtico en didactalia

Submitted by admin on Dom, 11/18/2018 - 20:57

É un recurso xa antigo, pero pode ser útil para dar unha visión xeral da figura do Mestre Mateo e da súa época.

E así aproveito para presentarvos Proxector, o repositorio de audiovisuais en galego no que está arquivado.

Conta Xusto en día da Ciencia en Galego (hai tempo que lle dixen que publicara aquí, pero prefire en directo).

Os carteis que se poden imprimir de Ciencia en Galego 2018 admin Lun, 10/15/2018 - 18:33

Se tedes máis propostas, poñeremolas aquí. As nosas son

Cartel de ciencia en galego 2018 en alta resolución

Cartel sobre o Pórtico da Gloria

 

Celebración do VIII Día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego no IES. Chano Piñeiro

Submitted by matalobos on Lun, 02/19/2018 - 17:27

O martes 16 de xaneiro de 2018, se celebrou o VIII Día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego no IES. Chano Piñeiro de Forcarei.

Tedes un resumo das actividades realizadas, no blogue do ENDL, Língua de Montes: Día da Ciencia en Galego
Ademais podedes consultar en detalle as actividades organizadas polo departamento de Tecnoloxía nas seguintes ligazóns:

O Ano 2018, Ano do patrimonio cultural europeo

Submitted by admin on Mér, 01/24/2018 - 19:49

A medalla Fields representa un retrato de Arquímedes.

Arquímedes é un dos máis grandes científicos da Historia e unha gloria cultural europea, Na Galipedia

Ademais, veredes as súas invencións e descubrimentos nas clases de Física e de Matemáticas e, porque non, nas de Historia, por algo foi un dos loitadores de Siracusa contra os romanos. Entretido cun debuxo matemático na area, morre a mans dun soldado romano...