Escribe como Leonardo

Escribe como Leonardo

Sabes que para ler o que escribiu Leonardo precisamos a axuda dun espello?

Pois si. Escribía de dereita a esquerda e coas letras volteadas: escritura especular.

Día 5 de Novembro de 2012, III día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego

Pero o día 16 de Outubro de 2012, día da loita pola Ciencia e a Tecnoloxía galegas

Todos xuntos coas bicicletas, nos centros, ... para defender unha maneira non puramente abstracta e selectiva de aprender a ciencia e a tecnoloxía.

Hai quen entende a educación unicamente como un método de selección, de escoller, "aos mellores", os que mellor entenden a abstracción, como se ese fose un valor absoluto por riba da creatividade, da intelixencia emocional, dos resultados práticos e tecnolóxicos. Para iso aumentan as materias seleccionadoras, como fai o goberno.

Estudos de Lingüística Galega, nº 4

Submitted by dubert on Mar, 09/18/2012 - 11:43

O Instituto da Lingua Galega acaba de publicar o número 4 da súa revista, Estudos de Lingüística Galega. Coma sempre, a revista ten tres seccións principais: 

A) Pescuda, que recolle traballos de investigación. 

B) Peneira, que recolle discusións sobre problemas de estandarización do galego.

C) Anada, que recolle unha recolección de títulos bibliográficos publicados ó longo de 2010 que interesan ós investigadores sobre o galego e un conxunto de recensións sobre traballos de investigación.