María Wonenburger

Recunchos de GAMMA 11

Feminino singular: María Wonenburguer O día 20 de setembro de 2010 tivo lugar a cerimonia de investidura

....

Recuncho de GAMMA 11

Entrevista a María Wonenburger en Gamma 7 con motivo do seu nomeamento como socia de honra de AGAPEMA

MARÍA WONENBURGER OU A PAIXÓN POLA INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA


Entrevista de Xosé Enrique Pujales


Desde que en xuño de 2006 o III Congreso de AGAPEMA nomeou a María Wonenburger socia de honra, está a recibir multitude de distincións polo seu labor: o 16 de decembro de 2006 recibiu o primeiro recoñecemento efectuado pola “Unidade de Muller e Ciencia de Galicia”, novo organismo dependente da Xunta de Galiza, o 2 de febreiro de 2007 foi nomeada socia de honra da RSME, o 7 de marzo de 2007 recibiu o I Premio “Mulleres Ciencia Arte” outorgado pola Universidade da Coruña, ...