Química
Táboa Periódica das científicas
Guía dos elementos químicos, unha publicación cunha linguaxe clara e precisa sobre os elementos químicos
https://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_10/noticia_0164.html
Os profesores da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Ana María González Noya, Marcelino Maneiro Maneiro e Manuel Bermejo Patiño son autores da Guía dos elementos químicos, unha publicación divulgativa do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, coa revisión lingüística e terminolóxica dos investigadores Tania de Dios Miguéns, Beatriz Fariñas, Belén Poutón e Inés Veiga, e baixo a coordinación de Manuel González, catedrático da USC e director do Centro.
Charla sobre Antonio Casares na Facultade de Ciencias de Lugo o 24 de maio
Comentarche que este xoves 24 de maio organizamos unha charla-coloquio na Facultade de Ciencias (ás sete da tarde) co título "Antonio Casares: Leccións dun científico lucense para saír da crise actual", coa conferencia a cargo de Manolo Bermejo. Envíoche no adxunto o cartel.
M Maneiro
O Día da Ciencia en Galego deste ano, coincidindo co Ano Internacional da Táboa Periódica, propoñemos como homenaxeados a Mendeleiev –como autor principal- e a Luís Liz Marzán, por ser un dos nosos científicos máis premiados, director do Centro de Investigación Cooperativa en Bíomateriais, CIC biomaGUNE, e porque o campo no que está a traballar, a nanotecnoloxía, entronca co presente e futuro da xente nova e pode ser un referente no que se miren e lles anime a mergullarse no mundo da ciencia. Impartirá unha conferencia en Lugo o 8 de novembro.