Lingüística

O FITOFALADOIRO

Submitted by dubert on Lun, 04/08/2013 - 11:55

O Herbario SANT e o Instituto da Lingua Galega, ambos da USC, presentan o proxecto Fitofaladoiro, un proxecto educativo en que se integran as áreas de coñecemento da lingua galega, o estudo da cultura tradicional e a botánica.

Este proxecto busca implicar, en principio, os alumnos e os profesores de ciencias e de lingua galega dos centros de ensino medio e bacharelato, aínda que tamén está aberto a todo aquel queira participar nel.

A nosa intención é crear unha rede de recolección de plantas ventureiras, cos seus nomes tradicionais e cos usos que se lles daba.

Estudos de Lingüística Galega, nº 4

Submitted by dubert on Mar, 09/18/2012 - 11:43

O Instituto da Lingua Galega acaba de publicar o número 4 da súa revista, Estudos de Lingüística Galega. Coma sempre, a revista ten tres seccións principais: 

A) Pescuda, que recolle traballos de investigación. 

B) Peneira, que recolle discusións sobre problemas de estandarización do galego.

C) Anada, que recolle unha recolección de títulos bibliográficos publicados ó longo de 2010 que interesan ós investigadores sobre o galego e un conxunto de recensións sobre traballos de investigación.

X día da Ciencia en Galego e Congreso Celta Galego admin Lun, 04/15/2019 - 13:15

O Día da Ciencia en Galego deste ano, coincidindo co Ano Internacional da Táboa Periódica, propoñemos como homenaxeados a Mendeleiev –como autor principal-  e a Luís Liz Marzán, por ser un dos nosos científicos máis premiados, director do Centro de Investigación Cooperativa en Bíomateriais, CIC biomaGUNE, e porque o campo no que está a traballar, a nanotecnoloxía, entronca co presente e futuro da xente nova e pode ser un referente no que se miren e lles anime a mergullarse no mundo da ciencia. Impartirá unha conferencia en Lugo o 8 de novembro.