BASES DO CONCURSO DO INSTITUTO RELACIONADO CO DÍA DA CIENCIA.
________________________________________________
Co gallo da celebración da Semana e o Día da Ciencia en Galego e co obxectivo de fomentar o interese do alumnado por aquelas figuras históricas relacionadas con Galicia e a Ciencia, o IES ........... convoca o I Concurso do Día da ciencia en Galego, que estará adicado á figura de Alfonso X o Sabio, gran poeta en lingua galega e un dos científicos universais pola súa contribución ao progreso da ciencia europea.
A data límite de entrega de traballos é o día 29 de outubro.
Todos os traballos presentados formarán parte dunha exposición conmemorativa da Semana da Ciencia.
_____________________________________________________________