XIV día da Ciencia en Galego

IES Fontiñas

1º Bacharelato Ciencias Socias, Ciencias para un mundo contemporáneo: ¿Que efectos ten a radioactividade sobre a saúde?

2ºBac. Bioloxía: Os glúcidos e os lípidos como fonte de enerxía

1ºBac. Bioloxiá e Xeoloxía: Funcionamiento do mecheiro de alcohol.

Departamento de Ciencias

IES "As Fontiñas"

Cafés-teatro científicos

Submitted by ofi.normalizacion on Mér, 11/02/2011 - 14:53

A Universidade de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo, organizan tres encontros "café-teatro" en cada unha das cidades con sede da universidade; Vigo, Ourense e Pontevedra.

  • O día 4 de novembro en Vigo no café Detrás do Marco ás 20.30
  • O día 10 de novembro en Pontevedra na Pousada Indiana ás 21.00
  • O día 17 de novemb,ense na cafetaría Auriense ás 21.00

A Facultade de Química convida aos Xefes de Deparamento de Física e Química de Galicia á conferencia do dia 10

A Facultade de Química convida aos Xefes de Deparamento de Física e Química de Galicia á conferencia do dia 10 de novembro.


O decano di que "O que si sería moi útil é invitar aos xefes de seminario ou profesores de Química de ensino medio que queiran, para que asistan á conferencia, que se impartirá na Facultade de Química o xoves día 10 ás oito da tarde."


http://www.usc.es/gl/cursos/conciencia/schrock.html


 

Escola de Lago do CRA "Esquío" de Valdoviño

Submitted by escoladelago on Sáb, 10/29/2011 - 13:10

Queremos facer experimentos doados, baratos e divertidos para nenos de infantil e 1º de Primaria.
Temos elexidos varios sobre volcáns, con velas, de cociña, etc. A maioría son de química pero algún o faremos de física para que poidan entender a diferencia entre estas 2 ramas da ciencia.
Traballaremos tamén sobre as 2 científicas propostas para esas datas.

Entérate, a ciencia tamén é cultura

Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día! (Edublog participativo)


4 de novembro, día da ciencia en galego !!
O noso blog está escrito en galego para reivindicar a normalización da nosa lingua e combater os prexuízos e a marxinación á que a queren someter.

Videoconferencias e participación

Videoconferencias de Anxo Carracedo e da profesora Fraga Vila o día 4 para os centros que o soliciten, como xa se contou nestas páxinas

Participación

Converter cienciaengalego.org na primeira páxina web colaborativa galega elaborada entre centos de profesores e particulares amantes da ciencia e do galego de toda Galicia. Apúntate, solicita unha clave e participa escribindo en galego sobre a Ciencia, o seu ensino, experimentos, materiais en galego, as homenaxeadas, etc.

Actividades da Facultade de Ciencias de Lugo

Marcelino Maneiro cóntanos en facebook que na Facultade de Ciencias (Lugo, USC) vanse desenvolver distintas actividades na mañá do 4 de novembro:

- unha exposición de material bibliográfico científico en galego,

-a presentación do XXIV Congreso de ENCIGA,

-a presentación do libro "O nome e o símbolo de elementos químicos,

- o reparto do Vocabulario de Química galego-español-inglés e a

-visita aos novos laboratorios da Facultade.