Escribe como Leonardo
Escribe como Leonardo
Sabes que para ler o que escribiu Leonardo precisamos a axuda dun espello?
Pois si. Escribía de dereita a esquerda e coas letras volteadas: escritura especular.
Escribe como Leonardo
Sabes que para ler o que escribiu Leonardo precisamos a axuda dun espello?
Pois si. Escribía de dereita a esquerda e coas letras volteadas: escritura especular.
Igaciencia prepara actividades para o III día da Ciencia en Galego como a construción da ponte desmontable de Leonardo. Aquí podes ver como facelo.
Pronto poñeremos algunha actividade sobre a perspectiva en Leonardo, sobre a cicloide...
http://www.upc.edu/saladepremsa/al-dia/mes-noticies/el-catalan-el-galle…
No caso do galego é que ten un goberno en contra que, entre outras medidas, busca a extinción científica do galego
Vota en galego o día 21 de outubro
Pero o día 16 de Outubro de 2012, día da loita pola Ciencia e a Tecnoloxía galegas
Todos xuntos coas bicicletas, nos centros, ... para defender unha maneira non puramente abstracta e selectiva de aprender a ciencia e a tecnoloxía.
Hai quen entende a educación unicamente como un método de selección, de escoller, "aos mellores", os que mellor entenden a abstracción, como se ese fose un valor absoluto por riba da creatividade, da intelixencia emocional, dos resultados práticos e tecnolóxicos. Para iso aumentan as materias seleccionadoras, como fai o goberno.
Imos dedicar a temática anual á Tecnoloxía
Propoñemos xa que logo a Leonardo da Vinci como exemplo de xenio tecnolóxico Universal e asi o reflectimos no logo, cunha engrenaxe de Leonardo no seu Libro de notas.
O Instituto da Lingua Galega acaba de publicar o número 4 da súa revista, Estudos de Lingüística Galega. Coma sempre, a revista ten tres seccións principais:
A) Pescuda, que recolle traballos de investigación.
B) Peneira, que recolle discusións sobre problemas de estandarización do galego.
C) Anada, que recolle unha recolección de títulos bibliográficos publicados ó longo de 2010 que interesan ós investigadores sobre o galego e un conxunto de recensións sobre traballos de investigación.
Achegamos, con rogo de divulgación, información sobre o IV CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONO LÚDICO, que se celebrará na Illa de Arousa e que está centrado especialmente nos xogos tradicionais da costa. O curso conta coa homologación oficial da Consellería de Educación a todos os efectos. Entre outras actividades, os asistentes aprenderán a navegar, con integrantes da Asociación Cultural Dorna, en embarcacións tradicionais, entre elas a propia dorna. As prazas son limitadas.
Leonardo da Vinci, de Steve Augarde de Editorial Baía Edicións
Descubre o mundo de Leonardo a través do diario do seu aprendiz. Publicaçoes Europa-América
Atlas Ilustrado de las Máquinas de Leonardo (Secretos e Invenciones en los códices Da Vinci) Editorial Susaeta
Leonardo, o primeiro cientista de Michael White, Publicaçoes Europa-América
Finados Famosos: Leonardo da Vinci e o seu super cerebro de Michael Cox, Publicaçoes Europa-América
O Código Davinc, Dan Brown, Bertrand Editora e El Aleph editores
"Art and science will eventually be seen to be as closely connected as arms to the body. Both are vital elements of order and its discovery. The word 'art' derives from the Indo-European base 'ar', meaning to join or fit together. In this sense, science, in the attempt to learn how and why things fit, becomes art. And when art is seen as the ability to do, make, apply or portray in a way that withstands the test of time, its connection with science becomes more clear."
Sven Carlson, Science News (1987)
Sobre José Rodríguez, A estadía de José Rodríguez González en Alemaña (1815-1817). Tradución dunha publicación súa,
http://www.ragc.cesga.es/RRAGC/revista2011/pdf/rodriguez.pdf
E Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica en Galicia,
http://www.ragc.cesga.es/RRAGC/revista2011/pdf/Aller.pdf
Chapela berrou ben forte!
Nunha semana, o LIPDUB onde se denuncia explicitamente a imposibilidade de impartir as Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía en galego tivo máis 14000 visitas en 57 paises (desde Canadá
ata Madagascar, desde Xapón ata Nicaragua). Os 3 vídeos relacionados son:LIPDUB: http://www.youtube.com/embed/AerLPRrnIaA?rel=0
http://revistas.pucsp.br/index.php/IGISP/issue/view/557/showToc
O Instituto Geogebra de Sao Paulo brinda a súa revista em galego-portugués, claro
E o de Portugal tamén
Arte e ciencia
http://elpais.com/diario/2012/01/13/galicia/1326453502_850215.html
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2007_05/noticia_0140.html
O luns 25 de xunio ferveu o ateigado auditorio de Chapela nun acto emocionante de presentación do noso LIPDUB.
Hoxe martes ferveu a rede con máis de 2500 visitas nas primeiras 24h. Estamos que botamos por fóra! E a nosa Lingua Galega, un pouco máis viva! Esta é a ligazón por se aínda non viviches o EU FALAREI http://www.youtube.com/embed/AerLPRrnIaA?rel=0
As mozas e os mozos de Chapela berraron con forza. A
Lingua Galega reviviu. A partir do día 25 poderedes ver o lipdub no que aparece unha denuncia explícita á imposibilidade de dar as áreas de ciencias na nosa lingua.Por agora temos o trailer. http://www.youtube.com/embed/g64rX29m47Y?rel=0
En Lugo, os días 2 e 3 de Lugo celebrarase o I Congreso de Software Libre científico, matemático e tecnolóxico no que mais de cen preofesores, entre relatores e asistentes tratarán o tema do sofrware libre para ciencias.
En Galiza non nos queda máis xornal en galego que Sermos
Aqui tedes o número do día das letras Galegas 2012
http://www.sermosgaliza.com/media/prepro-sermosgaliza/kiosko/20120518/180512120000-34.pdf
Non o podo negar, estaba alí...
Comentarche que este xoves 24 de maio organizamos unha charla-coloquio na Facultade de Ciencias (ás sete da tarde) co título "Antonio Casares: Leccións dun científico lucense para saír da crise actual", coa conferencia a cargo de Manolo Bermejo. Envíoche no adxunto o cartel.
M Maneiro