Día da Ciencia en Galego no CPI Domingo Fontán

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X2586…

Román Rodríguez comparte co alumnado do CPI Domingo Fontán, en Portas, a celebración do Día da Ciencia en galego

Volver

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu esta mañá co alumnado do CPI Domingo Fontán, de Portas, o acto do Día da Ciencia en Galego

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu esta mañá co alumnado do CPI Domingo Fontán, de Portas, o acto do Día da Ciencia en Galego

Esta conmemoración, dedicada este ano ao creador do primeiro mapa topográfico de Galicia, ten como finalidade a divulgación social do coñecemento científico e a súa importancia en todos os ámbitos da vida

Portas (Pontevedra), 10 de novembro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu esta mañá co alumnado do CPI Domingo Fontán, de Portas, o acto do Día da Ciencia en Galego, no marco do mes dedicado a esta efeméride e que este ano ten como protagonista ao científico Domingo Fontán Rodríguez, que elaborou o primeiro mapa topográfico-científico de Galicia.

Con motivo desta celebración, os rapaces deste centro participaron nunha actividade de dinamización lingüística que consistiu nunha recreación da figura, vida e obra de Domingo Fontán.

Científico, xeógrafo, matemático e político, Domingo Fontán (Portas,1788-Cuntis 1866) foi o autor da Carta Xeométrica de Galicia, considerado o primeiro mapa realizado con rigor científico en España. Tamén foi precursor do emprego do metro como unidade de medida e adiantouse aos mapas oficiais doutros países europeos coa utilización da escoala cenmilésima.

Logo das actividades no centro educativo que leva o nome de Domingo Fontán, xa fora do recinto escolar, realizouse unha ofrenda floral ao pé do busto do científico, na que ademais do conselleiro, participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos; a secretaria de Igaciencia, Inés Ben; a presidenta da Asociación Cultural Domingo Fontán, Concha Médez; o alcalde de Portas, Víctor Estévez; a concelleira de Educación, María Isabel Novo; e o director do CPI.

Durante a súa intervención, Román Rodríguez destacou que con esta celebración se está “facendo xustiza” a un galego que “hai 200 anos demostrou estar na vangarda da ciencia mundial” ao elaborar o primeiro mapa moderno de Galicia, cunha metodoloxía hoxe considerada precaria, pero que no seu día resultou ser avanzada xa que no resto de España non se empregaría ata 40 anos despois.

O conselleiro subliñou que Fontán foi un dos “bos e xenerosos” que co seu traballo e esforzo contribúen a desmitificar o “discurso do atraso intrínseco” que inxustamente se lle atribúe a Galicia. Para Román Rodríguez, a vida e a obra de Domingo Fontán é a evidencia de que “a lingua propia de Galicia é tan axeitada coma calquera outra para comunicar ciencia”, polo que a través do seu exemplo debemos “reivindicar a normalización da nosa lingua en todas as facetas da ciencia”.