Conferencia sobre Ángeles Alvariño en Lugo o día 1 de decembro de 2022

Submitted by admin on

O día 1 de decembro de 2022, ás 12 horas convocamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia sobre Ángeles Alvariño, titulada: “Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia de calidade en condicións difíciles” impartida polo Doutor Xosé Fraga, autor, precisamente da biografía de Ángeles Alvariño no Album da Ciencia.

Como o aforo é limitado podes inscribir unha clase túa para asistir en igaciencia.eu

O lugar, Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo