Inauguración da placa no monolito dedicado a Wonenburger na Casa das Ciencias de Coruña

María Wonenburger  (Oleiros, 1927)

 

Muller pionera, destacada matemática  que creou unha importante escola internacional de Alxebra





"Con traballo consiguese todo o que se quere"



(conversa coas súas amigas, 2005)

Texto da placa

Texto da intervención de Tino Fraga, director dos Museos Coruñeses

Hai 26 anos, tal día coma hoxe inaugurouse a Casa das Ciencias. E un dos actos con que celebramos o XXV aniv foi a instalación dun monolito na honra de Isidro Parga.

Co acto de hoxe, XXVI aniversario da Casa das Ciencias, os Museos  Científicos Coruñeses damos continuidade a aquela iniciativa, co ánimo de establecer esta data como celebración anual de recoñecemento aos científicos galegos relevantes.

Cómpre que a sociedade recoñeza a súa excelencia, que saiba das súas importantes contribucións.

A persoa homenaxeada este ano é MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS. Maruja Wonenburger encarna na súa

persoa o saber académico e importantes valores humanos e científicos.

Sobre o currículo académico dicir que María Wonenburger naceu en Montrove-Oleiros en 1927. Estudou a licenciatura de Matemáticas (1945-50).

En 1953 foi a primeira bolseira Fullbright española en Matemáticas e doutorouse na Universidade de Yale (EUA) en 1953 baixo a dirección de Nathan Jacobson. De regreso a Madrid en 1957 traballou con Germán Ancochea. Posteriormente trasladouse a Canadá, onde permaneceu seis anos,

primeiro como bolseira postdoutoral e logo como profesora na Universidade de Toronto. A súa segunda etapa nos EUA comeza como docente en Buffalo, e prosegue como catedrática na Universidade do Estado de Indiana (1967-1983).

En Toronto desenvolveu un impte traballo, do que é froito a famosa tese do seu discípulo Robert Moody, un dos referentes da álxebra do s XX. Por iso, é considerada como "a nai" da teoría das álxebras de Kac-Moody, que xogan un

papel central en Matemáticas e Física dende os anos setenta e son un dos campos onde traballaron, e aínda traballan, matemáticos de famosasv universidades.

Publicou en prestixiosas revistas internacionais máis dunha vintena de artigos que continúan sendo citados na actualidade.

Nunha época na que a muller estaba moi alonxada da C, MW foi pioneira, axudando co seu labor á visibilidade da muller na ciencia. Máis a ese CV convencional, académico, únesen outros elementos que cómpre poñer en valor.

En 1983 abandonou por motivos persoais a súa actividade profesional e trasladouse á casa familiar da Coruña, onde reside. Un xesto de humanidade salientable, coidado da súa nai levou a deixar a súa brillante carreira académica.

María Wonenburger sempre afrontou o seu labor cun sentido colaborativo. No seu percorrido investigador creou unha importante escola internacional de Álxebra e, de xeito parello iniciou unha segunda etapa no seu labor, de volta en A Coruña, seguiu vinculada ao mundo das matemáticas,

ligada a diversos proxectos, unha etapa máis próxima á pedagoxía e á difusión, conectando con xente nova con inquedanzas. A traxectoria de María Wonenburger lévanos a reivindicar os valores positivos da ciencia. Espíritu crítico (análise, denuncia de dogmatismo e intereses de grupo, gremialismo), racionalidade (combate do fanatismo), altruismo, sentido colaborativo, laborisidade, etc. Valores que a homenaxeada encarna dun xeito claro.

Xosé A. Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses

1 de xuño de 2011