Dinamización Ciencia en Galego 2012 da USC

http://www.usc.es/gl/servizos/snl/dinamizacion/cienciaengalego_2012.html

Día da Ciencia en Galego 2012

Por segundo ano consecutivo, varios centros da USC vanse unir á celebración do Día da Ciencia en Galego, que neste ano 2012 chega á súa terceira edición atendendo á tecnoloxía como eixe temático e fixándose singularmente nas figuras de Leonardo da Vinci e Ramón Verea.

Este conxunto de iniciativas segue o camiño comezado en 2010 coa campaña En galego tamén se fai ciencia (organizada polas tres universidades galegas) e continuado o pasado 2011 cun programa de actividades que se estendeu por oito centros dos campus de Santiago e Lugo.

De cara a este vindeiro ano, están programadas as seguintes actividades:

 

[Listaxe provisional a día 30 de outubro]:

 

Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo

  • Centro de interese Os nosos Leonardos (exposición biobibliográfica sobre Ramón Verea, Ángela Ruíz Robles e Alexandre de Fisterra)

 

Escola Politécnica Superior, Facultade de Ciencias e Facultade de Veterinaria

 

  • De Leonardo a nós (7 de novembro ás 11 h, Fac. de Ciencias, Lugo)

Acto que pretende destacar -por medio de presentacións breves- o labor técnico e científico de Leonardo da Vinci e o seu influxo na ciencia moderna e contemporánea.

Presentacións:

- Leonardo: a representación gráfica das súas ideas (Francisco Javier López, Escola Politécnica Superior)

- A anatomía de Leonardo e a actual: similares pero diferentes (Matilde Lombardero, Fac. de Veterinaria)

- Da Vinci: sobre luares cinzentos e planetas afortunados (Manuel Andrade, Escola Politécnica Superior)

- De cómo os autómatas de Leornado da Vinci evolucionaron ata converterse en valiosos compañeiros robóticos (Roberto Iglesias, Facultade de Ciencias)

- Leonardo enxeñeiro: os seus deseños hidráulicos (Montserrat Valcárcel, Escola Politécnica Superior)

Neste acto entregaranse tamén os Premios á calidade lingüística dos traballos académicos e de investigación convocados poas facultades de Ciencias e Formación do Profesorado e pola Escola Politécnica Superior (EPS).

Ademais, tamén se poderán visitar dúas pequenas exposicións:

1. Mostra conmemorativa do bicentenario do nacemento de Antonio Casares, elaborada por Isabel Fernández (Fac. de Ciencias).

2. Centro de interese Os nosos Leonardos, elaborado pola Biblioteca Intercentros

 

  • Visitas guiadas a laboratorios de investigación (7 de novembro ás 13 h, en diversos centros do Campus de Lugo)

 

Escola Técnica Superior de Enxeñaría

  • Conferencia de Xavier Alcalá (Universidade da Coruña) "Da química ás telecomunicacións: novo paradigma do transporte" (xoves 8 de novembro ás 12 h)

  

Facultade de Físicas

  • Videoconferencia "Facendo física de partículas polo mundo" (6 de novembro, de 12:30 a 13:30 h)

    Relatores:

    - Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa e física do experimento ATLAS do CERN.

    - Olalla Castro. Profesora no City University en Londres e investigadora en teoría cuántica de campos.

    - Abraham Gallas. lnvestigador no CERN e na USC e físico no experimento LHCb do CERN.

    - Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC no ámbito do estado da materia nos primeiros instantes do Universo.

    - Cibrán Santamarina. Profesor da USC e investigador no experimento LHC do CERN.

 

Facultade de Matemáticas

  • Xornadas de novos investigadores
  • Entrega dos premios á calidade dos traballos académicos
  • Presentación da rolda de debate Lexi_ga_math, centrada na análise e no debate sobre a terminoloxía matemática en lingua galega.
  • Presentación das novas unidades didácticas de matemáticas
  • Lanzamento da segunda edición do concurso "Explícoche Matemáticas 2.0"